Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea axudará a garantir un modelo industrial sustentable dentro do PERTE do Vehículo Eléctrico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea axudará a garantir un modelo industrial sustentable dentro do PERTE do Vehículo Eléctrico

S. P.
Publicado: 03/02/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

balide_perte_vehiculo_electrico.jpgA empresa tecnolóxica Balidea, con sede principal de Santiago, participou como socia na presentación pública de Future: Fast Forward, que se levou a cabo este xoves 2 de febreiro en Madrid. O acto levouse a cabo despois de que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo dese a súa conformidade final á proposta de Balidea sobre o desenvolvemento dos Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica para o Vehículo Eléctrico (PERTE VEC) incluído na agrupación Future: Fast Forward.
As 52 empresas de Future: Fast Forward van contribuír ao PERTE VEC coa posta en marcha de 86 proxectos en 9 comunidades diferentes, divididos segundo temática en nove bloques. Balidea participa dentro do bloque transversal de economía circular, como membro do proxecto primario RELOAD, cuxa misión é “contribuír ao subministro eficiente e seguro de metais de alto valor na cadea industrial do Vehículo Eléctrico e Conectado (VEC), reducindo a dependencia de importacións e impulsando un modelo industrial sustentable, circular e con menor pegada ambiental”.
O acto contou coa presenza da Ministra de Facenda e Función Pública María Jesús Montero, quen apuntou que “temos o coñecemento tecnolóxico, a capacidade industrial, o liderado empresarial e o apoio das administracións públicas para contribuír a unha economía cada vez máis sustentable, máis limpa e menos contaminante, onde a mobilidade eléctrica vai desempeñar un papel determinante”.
Máis detalles sobre a contribución da empresa galega
En particular, Balidea encargarase de integrar o uso de tecnoloxías dixitais como ferramentas para impulsar os procesos de reciclaxe, investigando tecnoloxías que aseguren a rastrexabilidade dos metais e fomenten a economía circular. Para iso, deseñará un prototipo dixital que garanta a trazabilidade dos metais ao longo da cadea de valor, desde a fabricación de compoñentes ata a súa recuperación e reutilización.
Ademais, levarase a cabo unha investigación para crear un modelo funcional e preditivo baseado en Intelixencia Artificial que permita predicir a demanda e dispoñibilidade de produtos e metais recuperados de interese para o sector automotriz español e mellorar o seu aproveitamento.
Finalmente, en colaboración con SEAT, deseñarase un pasaporte dixital europeo das baterías dos vehículos eléctricos, que garantirá a sustentabilidade dos procesos na súa fabricación.
O proxecto RELOAD está liderado pola compañía ENSO e, ademais de Balidea, participan tamén no consorcio as empresas SEAT, Técnicas Reunidas, Asai Industrial, CETIM, a Universidade de Zaragoza e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Xuntos, traballarán para “impulsar a sustentabilidade e a economía circular na industria do Vehículo Eléctrico e Conectado”, explicaron fontes de Balidea.
Unha agrupación histórica
Segundo engade a empresa galega, Future: Fast Forward é “a maior alianza empresarial da historia da automoción en España”. E destaca: “A súa diversificación xeográfica e o seu completo coñecemento de toda a cadea de valor da automoción outórganlle unha visión integral dos pasos necesarios para desenvolver a electrificación sustentable da mobilidade en España”. Trátase dun proxecto que “pode transformar España nun hub europeo líder en mobilidade eléctrica, ademais de influír de forma moi positiva a nivel socioeconómico pola súa capilaridade en toda a cadea de valor do sector do automóbil”.
Coa resolución definitiva do Ministerio de Industria finalizan os trámites administrativos previstos para recibir os fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea outorgados ás empresas de Future: Fast Forward, que alcanzan os 357 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?