Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Altia asume a transformación dixital do Ministerio de Agricultura e Pesca
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Altia asume a transformación dixital do Ministerio de Agricultura e Pesca

S. P.
Publicado: 06/02/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ministerio_agricultura_0.jpgO Ministerio de Agricultura e Pesca adxudicou á empresa tecnolóxica Altia, con sede en Oleiros (A Coruña) un contrato por valor de 1.215.630 euros para a evolución integral da sede electrónica e as aplicacións e servizos horizontais que lle dan soporte. O proxecto, segundo explica a empresa galega, “permitirá seguir avanzando no proceso de transformación dixital do Ministerio cun conxunto de melloras no ámbito da Administración Electrónica, tanto desde o punto de vista da arquitectura tecnolóxica como dos servizos asociados á súa sede”.
Altia explica que a sede electrónica do Ministerio é un sistema crítico que permite a cidadáns e empresas a presentación de solicitudes de diversos tipos de axudas, “todas elas cun nivel de esixencia moi alto, así como un tempo de resposta inmediato”. O proxecto encargado a Altia conta cun prazo de execución de dous anos (prorrogable por outros dous) e diríxese a dar continuidade a este proceso de transformación.
Altia encargarase do “mantemento correctivo e adaptativo” dos elementos de arquitectura de eAdministración, de novos desenvolvementos para o portal da eSede, así como de levar a cabo distintos desenvolvementos para aplicacións e servizos de administración electrónica. Ademais, asumirá as integracións cos servizos comúns da SGAD ou outros sistemas externos dispoñibles e do soporte á integración de terceiros coa infraestrutura de eAdministración.
“Cremos que é unha gran noticia que o Ministerio volva confiar en Altia nun proxecto tan importante como o da sede electrónica”, afirma Manuel Aranda, director asociado de Altia, engadindo que “esta iniciativa permite ao Ministerio consolidar o camiño iniciado cara á modalidade de servizos xestionados, implantada con éxito no proxecto Desenvolvemento e mantemento dos sistemas de información desenvolvidos coas tecnoloxías Java e .NET que xa nos adxudicaron en 2021”. E conclúe: “Unha vez máis, poñemos ao dispor do Ministerio toda a nosa experiencia en proxectos similares, co obxectivo de garantir o pleno funcionamento dunha sede electrónica que, sen dúbida, é un elemento crítico para os usuarios”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?