Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno xa concedeu a Galicia 12.000 bonos de dixitalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno xa concedeu a Galicia 12.000 bonos de dixitalización

S. P.
Publicado: 06/02/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

minones_pocomaco.jpgO delegado do Gobierno en Galicia, José Miñones, reuniuse este luns 6 de febreiro cos empresarios da Coruña (a directiva da Asociación de Empresarios de Pocomaco), aos que lles informou que o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital xa concedeu máis 12.000 bonos a pemes e persoas autónomas de Galicia a través programa Kit Dixital, “o que supón unha inxección de 58 millóns de euros do Plan de Recuperación ao tecido empresarial galego”.
Na reunión, que tivo lugar no dito polígono da Coruña, José Miñones trasladou ao empresariado as convocatorias e investimentos do Plan de Recuperación do Gobierno das que se poden beneficiar actualmente as compañías galegas para potenciar a súa modernización. “Neste Executivo entendemos moi ben a importancia de apoiar ás nosas empresas para xerar actividade económica, impulsar a recuperación e crear emprego e riqueza en Galicia”, destacou o delegado. Nese sentido, puxo de relevo que o Plan de Recuperación do Gobierno e despregou máis de 2.400 millóns de euros en Galicia e favoreceu a máis de 5.500 empresas galegas, ben a través de axudas e subvencións directas, por concorrencia, ou a través de financiamento, ao que se unen as distintas convocatorias de axudas e liñas de crédito en condicións vantaxosas que ofrece o Goberno.
O delegado salientou “o gran éxito e a utilidade que está a ter o programa Kit Dixital de Red.es”, entidade pública adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia artificial, que conta cun orzamento de 3.067 millóns de euros e está financiado a través dos fondos NextGenerationEU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a axenda España 2026 e o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025. “Animo a todas as pemes e autónomos de Galicia que aínda non o teñan a que soliciten xa o seu bono dixital”, insistiu, e engadiu que as tres convocatorias están abertas e o prazo de resolución dos expedientes é de menos de 30 días.
Lembrou tamén que a primeira convocatoria do programa Kit Dixital está aberta para empresas de 10 a 49 empregados, que teñen dereito a un bono de 12.000 euros. A segunda convocatoria é para pemes de 3 a 9 empregados, con bonos de 6.000 euros. A terceira é para empresas ou autónomos de 0 a 2 empregados, con bonos de 2.000 euros.
Ademais do Kit Dixital, José Miñones trasladou aos empresarios de Pocomaco outras accións e axudas que o Goberno de Pedro Sánchez pon á súa disposición para acelerar a recuperación económica e incrementar a competitividade do tecido empresarial de Galicia. Entre elas, a convocatoria de subvencións para a conectividade de polígonos industriais de Galicia, á que o Goberno destina máis de 4,3M€ a través do Plan de Recuperación. Neste caso, a xestión faise a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEG), o que José Miñones sinalou como “un exemplo de como este Goberno executa o Plan de Recuperación en co-gobernanza coa Xunta”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?