Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo implícase nun proxecto para impulsar a IA no leste de África
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo implícase nun proxecto para impulsar a IA no leste de África

S. P.
Publicado: 07/02/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ahumain1.jpgA illa de Zanzibar acolle esta semana a xuntanza de lanzamento dun proxecto destinado a iniciar, con tecnoloxías IA e IoT, a transformación da vertente leste do continente africano. Chámase CBHE Ahumain, Applied human machine intelligence in east Africa e trátase dunha iniciativa de cooperación educativa que ten como obxectivo concreto “impulsar a Intelixencia Artificial e a ciencia de datos no leste de África creando un plan de estudos que permita formar as enxeñeiras e enxeñeiros do futuro”. A Universidade de Vigo é un das 31 participantes nesta iniciativa, que reúne tanto universidades como empresas de España, Bélxica, Chipre, Tanzania, Uganda e Kenia.
Con tres anos de duración e coordinado pola Artesis Plantjin Hogeschool de Amberes, a representación da UVigo neste proxecto corre a cargo da directora da EE de Telecomunicación, Rebeca Díaz, e os profesores Ana Fernández Vilas e Manuel Fernández Veiga, todos eles investigadores do Departamento de Enxeñaría Telemática e do centro AtlantTIC.
Segundo explican, o proxecto nace “nun contexto de revolución tecnolóxica no que dúas grandes tendencias están cambiando o mundo”. Por unha banda a Internet das Cousas (IoT) e, pola outra, a Intelixencia Artificial (IA). Como explican os impulsores desta iniciativa, “mentres a IoT produce datos de sensores, a IA axudará a interpretar estes datos de maneira comprensible e a tomar decisións semiautomáticas para controlar certos procesos físicos”.
Neste senso, a finalidade de CBHE Ahumain é “lograr que as empresas máis grandes de África adopten a IA para os seus procesos comerciais”. Por este motivo, indican os investigadores da UVigo, será necesario crear un “ecosistema de IA que reduza os seus custes de desenvolvemento, axude a crear aplicacións de IA adaptadas ás necesidades locais e reduza a súa dependencia de empresas estranxeiras”. Ademais, engaden, un ecosistema africano de IA podería posicionarse “como un socio atractivo para os xigantes dixitais globais desexosos de entrar no mercado africano”.
Para convertelo en realidade, os socios de Ahumain traballarán no deseño dun plan de estudos consistente con diferentes especializacións e adaptado á situación de África oriental que conduza a unha nova xeración de enxeñeiras e enxeñeiros híbridos cun coñecemento profundo dos diferentes aspectos e que sexan quen de conectar todas as partes implicadas a “un sistema útil e comercialmente viable”. Ao mesmo tempo, tamén se traballará en aplicacións da vida real de IA, implementación operativa e casos de negocios, para rachar coa teoría e dar paso a aplicacións prácticas.
O papel da Universidade de Vigo, como explica Manuel Fernández Veiga, é colaborar na definición dos cursos e contidos formativos en AI e ciencia de datos, adaptados ás necesidades socio-económicas da rexión. “Os cursos son competenciais e buscan preparar profesionais capaces de desenvolver aplicacións de AI/DS en agricultura, pequenas empresas, etc. orientadas á resolución de problemas de ámbito social como agricultura de precisión, saúde primaria, clima ou sustentabilidade dos recursos”. Ademais, a UVigo é responsable dun paquete de traballo dedicado á formación de formadores, é dicir, á preparación metodolóxica de persoas que vaian impartir eses cursos na rexión”. Para isto, artellarase unha visita das delegacións de Uganda e Tanzania a Vigo en 2024, onde asistirán a seminarios específicos tanto técnicos como de métodos e enfoques de ensino sobre estas tecnoloxías, con vistas a implantalas de forma efectiva nos currículos das universidades e os centros participantes.
A xuntanza de arranque do proxecto arrancou este luns 6 de febreiro e estenderase ata o sábado na illa de Zanzíbar, en Tanzania. Esta reunión, explican dende a UVigo, “marca o inicio operativo, administrativo e xerencial do proxecto e nela discutiranse, por exemplo, os diferentes paquetes de traballo e as encomendas de cada socio, así como as disposicións orzamentarias e as garantías de calidade ou as ferramentas cooperativas en liña”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?