Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia e Canarias xuntan forzas para observar e protexer a biodiversidade con drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia e Canarias xuntan forzas para observar e protexer a biodiversidade con drons

S. P.
Publicado: 07/02/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gain_patricia_argerey_20230207innovacionitc.jpgA Axencia Galega de Innovación (GAIN) fixo balance da colaboración que mantén a Xunta, a través deste departamento, co Goberno de Canarias para o uso de vehículos non tripulados con obxectivos medio-ambientais. Máis en concreto, a colaboración diríxese a “desenvolver tecnoloxías e impulsar misións que permitan a observación e estudo da biodiversidade utilizando vehículos non tripulados, plataformas satelitais e pseudo-satelitais (HAPS)”.
Un equipo de GAIN, encabezado pola directora xeral Patricia Argerey participou nunha reunión de coordinación institucional co xerente do Parque Tecnolóxico de Fuerteventura, Eduardo Pereira, para sentar as bases do proxecto e afianzar os detalles da colaboración entre as Administracións que van desenvolvelo.
20230207innovacioncentroespacialinta.jpgEsta cooperación interterritorial realízase no marco do Plan Complementario de Biodiversidade impulsado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e co-financiado a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea, do que son beneficiarias as dúas comunidades autónomas, ademais de Andalucía, Asturias, Illas Baleares, País Vasco e Estremadura. Esta alianza estratéxica reforza o camiño emprendido por Galicia en 2015 no Polo Aeroespacial de Galicia, ao que se suma o proxecto que promove o parque tecnolóxico de Fuerteventura, co apoio do Goberno de Canarias e do Cabido de Fuerteventura.
Segundo fai saber GAIN, Galicia dará resposta aos retos de biodiversidade a través do desenvolvemento de tecnoloxías nas que participa o ecosistema de pemes e centros de coñecemento galegos, nos consorcios artellados por Babcock e Telespazio. Canarias, pola súa banda, focalízase na realización de misións e, por tanto, na economía do dato, a través da observación e xestión intelixente da biodiversidade, con aplicacións específicas para os servizos prestados polas administracións públicas, comunidade científica ou entidades privadas.
A axencia tamén fixo saber que Canarias ten actualmente aberto o procedemento de licitación para a selección das empresas que executarán este proxecto. Pola súa banda, Babcock (socio estratéxico da Xunta asentado xa en Galicia desde 2015) e Telespazio (que acaba de sumarse ao Polo tecnolóxico galego) son os líderes do programa de I+D da Civil UAVs Initiative. Coa colaboración de 26 empresas e centros de coñecemento, ambas empresas desenvolverán en Galicia plataformas tecnolóxicas de longo alcance específicas para misións de observación, captura e procesamento de datos de biodiversidade, desenvolvemento e integración dun amplo conxunto de sensores especializados en observación da biodiversidade e unha plataforma integral de xestión dixital de misións con drons, capaz de xerar plans de voo de forma automática. “Estas novas solucións”, sinalou a axencia galega, “dan resposta a novos retos tecnolóxicos como a vixilancia de humedais, e doutros espazos naturais ou a observación de impacto das infraestruturas humanas sobre o medio ambiente”.
20230207innovacionparquetecfuerteventura.jpgOs dous territorios son os que recibiron máis financiamento do Plan Complementario de I+D+i Biodiversidade. Galicia obtivo 12,34 M€ e achega 11,29 M€ de fondos propios, incluídos dentro do orzamento do Plan Estratéxico do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2026, para o desenvolvemento destas actuacións.
A delegación galega mantivo tamén reunións de traballo na Agencia Canaria de Investigación, Innovación y Sociedad de la Información, en Gran Canaria, con representantes do Centro Espacial de Canarias do Inta, do Instituto Tecnológico de Canarias (ITC) e da Plataforma Oceánica de Canarias (Plocan).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?