Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra acolle unha charla sobre ciberseguridade para a rapazada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra acolle unha charla sobre ciberseguridade para a rapazada

S. P.
Publicado: 08/02/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_week_tecnoloxicas_1.jpgEn pleno ecuador da Tecnolóxicas Week, o salón de plenos da sede da Deputación de Pontevedra encheuse este mércores 8 de febreiro ao abeiro da nova actividade impulsada pola entidade provincial e ASIME para fomentar as vocacións técnicas entre a xente nova, con especial fincapé nas nenas e rapazas. Máis de 150 alumnos dos institutos Valle Inclán e Sánchez Cantón de Pontevedra asistiron á charla sobre ciberseguridade impartida por Belén Pérez, CISO (Chief Information Security Officer) de Nova Pescanova e coordinadora en Galicia do CCI (Industrial Cybersecurity Center). A presidenta provincial, Carmela Silva, asistiu a esta acción que forma parte dos 10 eventos programados ata o venres en concellos das 10 comarcas da provincia, xusto antes do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia que se celebra este mesmo sábado.
A presidenta asegurou que “estamos moi expostas e expostos ás redes sociais e os nosos datos poden empregarse para fins negativos”, polo que “é fundamental que na actividade educativa estea a realidade do mundo, porque é tecnolóxico e a intelixencia artificial é algo do presente”, reflexionou.
tecnoloxicas_4_belen_perez.jpg A tecnóloga Belén Pérez baseou a súa charla en catro alicerces: a identificación dos riscos no uso global das tecnoloxías da información e comunicación, os riscos e consecuencias do seu mal uso, a identificación de pautas para actuar e a adquisición de bos hábitos no seu uso. En canto aos perigos, salientou a tecnoadicción, considerada xa unha enfermidade pola Organización Mundial da Saúde. Segundo dixo, España é o país con maior proporción de adolescentes con tecnoadicción: afecta a arredor do 1,5% e 70.000 menores. Contra iso, asegurou, “debemos dosificar o seu uso” xa que se non, ademais de caer en posibles adiccións, “convertémonos nunha prolongación da tecnoloxía cando esta debería ser unha ferramenta de axuda para nós”.
deputacion_pontevedra_week_tecnoloxicas_3.jpg No marco da Tecnolóxicas Week, tamén hoxe en Deza alumnado de 3º e 4º de ESO e FP de Silleda está a visitar as empresas Industrias Guerra e Sotega Noroeste S.L. Este xoves 9 de febreiro é a quenda de Cangas, onde Eliana Pardo (Business Development Manager de RIA 21) imparte unha charla sobre ciberseguridade para alumnado da ESO no Salón de Actos do Concello; e o Grove, cuxa Casa do Concello acolle de 17:00 a 18:00h un workshop de programación informática para nenos e nenas de 8 e 9 anos. Por último, as actividades rematan o venres nas comarcas de Ulla-Umia e Vigo: alumnado de Valga de 3º e 4º de ESO e FP visitará a empresa Extrusionados Galicia, e a sede de Vigo da Deputación acollerá ás 11:00 horas unha mesa coloquio con Amparo Alonso, Catedrática e Investigadora en Intelixencia Artificial da UDC; Lorena Rosende, directora executiva de Itera Técnica; Marta Fernández, xefa de proxectos de Gestamp e Icíar Balza, do Grupo Gonvarri Industries.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?