Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R renova o seu acordo con APD no camiño de fortalecer ás empresas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R renova o seu acordo con APD no camiño de fortalecer ás empresas galegas

S. P.
Publicado: 08/02/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

renovacion_acordo_apd_e_r.jpgAna Sánchez, directora da Asociación para o Progreso da Dirección (APD) da Zona Noroeste e Alfredo Ramos, director da operadora de orixe galega R, selaron este mércores 8 de febreiro a renovación do acordo de colaboración entre ambas as entidades na sede da firma de telecomunicacións na Coruña. Co novo convenio actualízase a aposta que xa estaban a desenvolver empresa e asociación en aras do “desenvolvemento de iniciativas orientadas a xerar valor nos membros da comunidade empresarial e, en suma, nas propias compañías”, sinalaron.
Alfredo Ramos destacou que un ano máis trátase de “renovar o noso compromiso de seguir acompañando ás empresas de Galicia no seu percorrido para a dixitalización plena. E iso implica colaborar con APD de novo no intercambio de experiencias e na formación dos directivos dos nosos negocios (…) Superamos unha pandemia camiñando coas compañías do país e grazas a servizos de telecomunicacións pensados por e para as persoas. Focalicemos agora nas inxentes posibilidades da telefonía 5G, da Intelixencia Artificial e de tantas e tantas opcións que as tecnoloxías de última xeración ofrécennos para que as empresas optimicen os seus recursos e, sobre todo, poidan competir a calquera nivel no mundo”.
Pola súa banda a directora de APD, Ana Sánchez, fixo fincapé en que “seguir traballando conxuntamente en encontros que favorezan o networking e a xeración de oportunidades é esencial para acompañar ás empresas na procura da excelencia empresarial. É a mellor contribución que podemos facer para que as compañías consigan as ferramentas para mellorar a súa competitividade”.
Ramos engadiu que a renovación do acordo “referenda o compromiso de R coa contorna empresarial do territorio, máis aló da actividade institucional”. Este obxectivo, dixo, é extensible tanto a entidades privadas como públicas e tendo en conta a profesionais que interveñan directamente ou de maneira delegada no goberno ou administración das compañías e organismos.
Entre as actividades concretas que se van a desenvolver en Galicia neste novo tramo de colaboración R-APD destaca unha sesión do Club CEO, xantar exclusivo destinado á alta dirección das empresas en que, sendo anfitrioas ambas as entidades, patrocínase o encontro convidando a un número de ata dez máximos/as responsables empresariais. Durante o evento ofrécese o relatorio dun/a CEO (director executivo) sobre un tema de actualidade empresarial ou novas tecnoloxías e dixitalización.
O convenio inclúe igualmente un encontro APD Talks sobre tecnoloxía e negocio, na mesma liña de fomentar o contacto con persoas experts en foros onde se discuten solucións a retos do mundo actual; á vez, compártense ferramentas e coñecementos de acceso ás tendencias que están a cambiar ás persoas e ás empresas. Así se fixo o pasado 1 de febreiro na Coruña, nun encontro APD Talks titulado Como empregar a IA para o crecemento do teu negocio, onde expertos nesta innovadora área das novas tecnoloxías explicaron as claves para converter a Intelixencia Artificial en aliada das empresas, aforrando en custos e optimizando recursos. O auditorio de directivas e directivos empresariais puido achegarse, ademais, a casos reais de éxito na aplicación dalgunhas das potencialidades da IA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?