Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entregados en Vigo os terceiros premios Girl Geek COVID
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entregados en Vigo os terceiros premios Girl Geek COVID

S. P.
Publicado: 09/02/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_girl_geek_covid.jpgA terceira edición dos Premios GirlGeekCOVID, a iniciativa enmarcada na Cátedra de Feminismos 4.0 que promoven a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, entregou este xoves 9 de febreiro, na sede da institución en Vigo e coa presenza da presidenta provincial, Carmela Silva, e do reitor, Manuel Reigosa, os galardóns que recoñecen os mellores expedientes femininos nas carreiras de ciencias, enxeñaría e tecnoloxías. Quíxose deste xeito reivindicar as importantes contribucións das mozas a estes estudos, onde segue a haber sobre presenza masculina.
As galardoadas co primeiro premio en ciencias e enxeñaría foron Esther Lago Sampedro e Henar Mariño Bodelón, respectivamente, e no caso dos accésit Iliana Durán Alonso obtivo o correspondente a ciencias e Laura Núñez Álvarez o de enxeñaría.
A apertura do acto correu a cargo da presidenta da Deputación, Carmela Silva, que se referiu ás premiadas como “un orgullo” e “unha alegría” e para as que augurou “un futuro cheo de éxitos, xa que comezan cun recoñecemento á súa excelencia académica, nin máis nin menos”.
O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, na súa intervención, fixo referencia aos “esforzos que estades facendo neste camiño no que estamos todas xuntas e xuntos para mudar o mundo e a sociedade”.`

As premiadas

“Estes premios son importantes porque permiten que as nenas poidan animarse a escoller estas ramas do coñecemento no futuro”, recalcou tras recoller o premio Esther Lago Sampedro, estudante do Grao en Química da Universidade de Vigo e gañadora na categoría de Ciencias.
No caso da gañadora na categoría de enxeñaría e estudante do mestrado de Enxeñaría de Telecomunicación, Henar Mariño Bodelón, aludiu á “importancia desta iniciativa par reivindicar e visibilizar o traballo das mulleres no ámbito STEAM” e manifestou o seu desexo de que “haxa máis mulleres no futuro estudando e traballando no mundo da tecnoloxía”.
Pola súa banda, Iliana Durán Alonso, accésit na rama de ciencias e alumna do Grao en Bioloxía, apelou á necesidade de “destruír barreiras e seguir traballando para visibilizar ás mulleres referentes no ámbito científico, para construír un mundo máis xusto e equitativo, mellor para as persoas”.
Por último, Laura Núñez Álvarez, alumna do Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial e accésit na rama de enxeñaría, resaltou que “é importante que a sociedade teña claro que as mulleres podemos ter éxito e somos totalmente necesarias en todos os ámbitos profesionais. Os estereotipos de xénero non deberían ser un impedimento á hora de escoller unha carreira profesional”.
Os galardóns, que naceron para incentivar, apoiar e fomentar os estudos STEM entre as mulleres e están impulsados pola Deputación e a UVigo, mudarán de nome na súa próxima edición para deixar atrás o termo “COVID” que fai referencia a unha etapa afortunadamente superada. A presidenta Carmela Silva foi a encargada de dar a coñecer a nova nomenclatura dos galardóns que o vindeiro curso pasarán a denominarse Girl Geek Power.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?