Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Política Lingüística e AMTEGA completan a oferta formativa de autoaprendizaxe en liña para o CELGA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Política Lingüística e AMTEGA completan a oferta formativa de autoaprendizaxe en liña para o CELGA

S. P.
Publicado: 09/02/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20230209celga3enlina1.jpgA Secretaría Xeral de Política Lingüística puxo en marcha o novo curso de autoaprendizaxe en liña preparatorio do nivel 3 do CELGA (Certificado de Estudos de Lingua Galega). Así o fixeron saber na mañá deste 9 de febreiro o secretario xeral Valentín García, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño.
Segundo explicaron, trátase dun curso de galego que “axuda a mellorar o coñecemento desta lingua e a preparar as probas para obter o CELGA 3, ofertado na modalidade de autoaprendizaxe en liña a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística”.
Con el, dixeron, “buscamos responder á crecente demanda de estudo do galego cunha maior flexibilidade e sen límites”, indicou o representante da Consellería de Cultura e Educación, engadindo que “con este último curso xa temos completa a oferta de autoformación en todos os niveis CELGA”.
Pola súa banda, Julián Cerviño enmarcou esta actuación nas iniciativas que se levan a cabo dende a Xunta de Galicia para “consolidar a lingua e a cultura de Galicia nos ámbitos dixitais”. Citou, entre outros, o Proxecto Nós para colocar ao galego na vangarda das tecnoloxías intelixentes, ou a Memoria Dixital de Galicia.
Tamén dixo que as actuación que se levan a cabo dende a axencia AMTEGA “non soamente permitirán aprender e certificar o uso do galego ou falar no noso idioma cos asistentes virtuais, senón tamén acceder a todos os recursos culturais e históricos nesta lingua”.
Na presentación, celebrada na sede de AMTEGA na Cidade da Cultura, tamén participaron a subdirectora xeral de Política Lingüística, María Lourdes Batán, e o representante de Imaxin/software, Diego Vázquez, empresa que colabora no desenvolvemento dos cursos.
Autoformación en todos os niveis CELGA
O curso constitúe unha adaptación (en liña e de autoaprendizaxe) a partir do curso de CELGA 3 con titorías e contén exercicios de léxico, gramática e comprensión e expresión oral e escrita. Componse de oito unidades cunha media de 30 actividades cada unha nas que o o alumnado poderá comprobar os seus progresos e consultar as respostas. Ademais dos modelos resoltos de exames oficiais do certificado, hai dispoñible un vídeo interactivo final de repaso para comprobar o aprendido en cada unidade.
A inscrición neste novo curso poderá realizarse a partir da segunda quincena de febreiro na plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ademais, a diferenza dos cursos tirorizados, non hai límite de prazas nin suxeición a datas ou horarios de impartición.
Con este curso, a Secretaría Xeral de Política Lingüística completa a oferta formativa de autoaprendizaxe en liña de todos os niveis CELGA, que comezou en 2021 co CELGA 1 e que continuou en 2022 co CELGA 2 e 4 e cos que se formaron, ata o de agora, máis de 7.000 persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?