Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AXEGA instalou o seu equipo de drons na Tecnópole ao abeiro das Aula Newton
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AXEGA instalou o seu equipo de drons na Tecnópole ao abeiro das Aula Newton

S. P.
Publicado: 10/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tecnopole_dron_3.jpgNo marco da celebración, este sábado 11, do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), a través do 112 Galicia, realizou este xoves 9 na Tecnópole de Ourense (Parque Tecnolóxico de Galicia) unha serie de actividades para o alumnado da Aula Newton. O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; e o xerente de Axega, Marcos Araújo, acudiron ao parque e acompañaron á rapazada nesta experiencia, ao tempo que responderon ás súas inquedanzas sobre o 112 e o día a día da Axencia.
Aula Newton
tecnopole_dron_2.jpg A Aula Newton Galicia é un espazo de aprendizaxe de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas (STEM polas súas siglas en inglés) instalado no parque e destinado a promover as carreiras científicas e tecnolóxicas entre a mocidade “cun enfoque totalmente práctico e moi innovado”r. Nestas primeiras edicións céntrase en introducir á rapazada desde 2º da ESO a 1º de Bacharelato no mundo da aviación. Está impulsada conxuntamente pola multinacional Boeing, a organización sen ánimo de lucro FIRST Scandinavia, a Xunta de Galicia e Tecnópole.
112 Galicia
Pola súa parte, o 112 Galicia busca dar a coñecer este servizo ás novas xeracións de xeito ameno e próximo, a través da formación no eido da prevención e a auto-protección. A finalidade é que os máis novos teñan constancia de que existe este número de teléfono gratuíto, dispoñible as 24 horas do día e os 365 días do ano en todo o territorio da Unión Europea, e capaz de xestionar todo tipo de situacións de emerxencia (bombeiros, sanitarios, policía…).
A xornada
tecnopole_dron.jpg Durante a xornada os rapaces e rapazas participantes na Aula Newton tiveron a oportunidade de saber como funciona este servizo e aprenderon a empregalo correctamente e de maneira responsable, achegándose ademais a través dun vídeo ás instalacións públicas de Galicia onde se atenden este tipo de chamadas. Explicóuselles como actuar ante unha situación de perigo real, ao tempo que recibiron diverso material de protección.
Nas instalacións exteriores do Parque Tecnolóxico de Galicia emprazouse o posto de mando itinerante do equipo de drons da AXEGA. O alumnado puido deste xeito experimentar e coñecer mellor como se usan os vehículos aéreos non tripulados na procura de persoas desaparecidas ou no recoñecemento de espazos ou edificacións danadas, a través das súas cámaras térmicas. Este xoves puideron gozar desta experiencia rapaces e rapazas de 1º de Bacharelato dos Salesianos de Ourense.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?