Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Compañías líderes en tecnoloxía mostrarán as principais tendencias TIC da man de R
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Compañías líderes en tecnoloxía mostrarán as principais tendencias TIC da man de R

S. P.
Publicado: 10/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

r_xornada_landing.jpgDende o vindeiro luns 13 e ata o venres 17 de febreiro, en formato dixital e interactivo, especialistas de empresas referentes do eido dixital ofrecerán a súa visión sobre as principais tendencias tecnolóxicas e os retos derivados da transformación das empresas no marco da II Semana das Tendencias TIC que organiza a operadora de orixe galega R.
As xornadas, divididas en cinco sesións de 30 minutos cada unha, estarán dirixidas cada día por un experto/a dalgunha das compañías tecnolóxicas punteiras no mundo convidadas ao evento; neste caso, Fortinet, Aruba, Microsoft, Red Hat e Commvault, que, por esta orde de luns a venres, debullarán as principais tendencias TIC que marcan os novos tempos. Amais, segundo explica R, ofrecerán “a súa visión estratéxica para axudar na toma de decisións e adiantarse aos desafíos máis importantes que será necesario afrontar no sector da TIC ao completo, nun futuro que xa está presente”.
As sesións serán de balde e accesibles mediante inscrición previa.
As sesións
A primeira sesión correrá a cargo de Cristian Bermejo, de Fortinent, que afondará nas claves para garantir a integración da seguridade da cloud co posto de traballo.
O martes 14 será a quenda de Aruba. Nesta xornada, Iratxe Macías analizará presente e futuro da tecnoloxía da conectividade na empresa e a axilidade necesaria para adoptar novas capacidades e procesos apoiados na tecnoloxía.
A terceira sesión correrá a cargo de Microsoft, coa intervención de Manuel García, que afondará na utilización de ferramentas que lles axuden ás empresas a protexerse das ciberameazas.
Red Hat, co experto Alberto Torres, afrontará a xornada do xoves para analizar a novo paradigma do desenvolvemento de aplicacións e como implantar a arquitectura de microservizos.
Por último, o venres 17, a II Semana das TIC concluirá coa quenda de Commvault, da man de Sandra Espinoza, que afondará na xestión do dato, un activo estratéxico clave nas compañías neste momento.
Cada unha das sesións finalizará cunha quenda de preguntas na que os participantes poderán conversar cos expertos e as expertas e expor dúbidas e cuestións xurdidas ao longo da intervención.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?