Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC crea escenarios personalizados de VR para mellorar o día a día das persoas con diversidades funcionais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC crea escenarios personalizados de VR para mellorar o día a día das persoas con diversidades funcionais

S. P.
Publicado: 10/02/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citic_foto_grupo_talonis.jpgO CITIC da UDC, no marco das celebracións do Día da Muller e da Nena na Ciencia, presentou os detalles dun proxecto para desenvolver escenarios personalizados de realidade virtual para mellorar o día a día das persoas con diversidades funcionais e cognitivas. O proxecto, desenvolvido polo doutorando Manuel Lagos, está liderado pola investigadora do CITIC Thais Pousada, referente da investigación galega e estatal impulsada polas mulleres.
O obxectivo concreto, como dixemos, é favorecer a rehabilitación das ditas persoas mediante o emprego de escenarios virtuais que permiten a realización de diversas actividades da vida cotiá como cortar un anaco de carne ou abrir a billa para encher unha xerra”. O proxecto preséntase baixo o epígrafe Contornas personalizadas de realidade virtual para a intervención con persoas con diversidade funcional.
citic_escenarios_realidad_virtual.jpg“Os usuarios poden interactuar dentro da súa vivenda para levar a cabo cuestións instrumentais básicas da vida cotiá como apartar unha cadeira para sentar ou facer a compra no supermercado”, explica a investigadora CITIC, quen sinala que este proxecto busca “complementar as terapias habituais dunha maneira segura, amena e motivadora”.
O proxecto atópase en fase de desenvolvemento e os escenarios realizados polo enxeñeiro informático e doutorando Manuel Lagos xa foron probados por persoas usuarias da Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO). “Os resultados foron moi positivos, polo diferente que é das terapias que realizan habitualmente e permitíronnos axustar certas cuestións para a que a nosa aplicación sexa o máis útil posible no futuro”, engade a investigadora, quen sinala que esta ferramenta xerará un informe con diferentes datos de interese para a avaliación do seu profesional sanitario, quen poderá consultar cuestións tales como “o rango de movemento das mans ou o tempo de duración de cada actividade, entre outras”. Ademais, colaboran coas entidades COGAMI (a nivel galego) e COCEMFE Castela León.
A diferenza doutras aplicacións comerciais, o proxecto integra un sistema Leap Motion, sistema óptico capaz de rastrexar o movemento de mans e dedos da persoa usuarias sen necesidade de mandos, o que mellora a inmersión nos escenarios.
Tecnoloxía ao servizo das persoas
citic_escenarios_realidad_virtual2.jpg Thais Pousada forma parte do cadro investigador do CTIC da UDC, no que tres de cada dez investigadores son mulleres. Doutora en Ciencias da Saúde, terapeuta ocupacional e enfermeira, a súa traxectoria sempre estivo vinculada á mellora da calidade de vida e a saúde das persoas mediante a resolución das súas necesidades aplicando o uso da tecnoloxía para facilitar a realización de actividades no seu día a día. A través do uso da impresora 3D e lentes de realidade virtual realiza diferentes investigacións encamiñadas a dar resposta ás necesidades das persoas con características diversas. “Un dos maiores beneficios de traballar con estas persoas é a satisfacción de ver que o noso labor investigador repercute nunha mellora da súa calidade de vida”, explica Thais Pousada, quen anima ao alumnado, en especial as adolescentes, a achegarse a este tipo de disciplinas universitarias e a desenvolver tamén as súas carreiras profesionais nas mesmas, coincidindo coa conmemoración deste 11F, Dia da Muller e da Nena na Ciencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?