Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nortempo incorpórase a AMETIC, a patronal da industria dixital española
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nortempo incorpórase a AMETIC, a patronal da industria dixital española

S. P.
Publicado: 13/02/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

guillermo_perez__izquierda__francisco_hortiguela__bartolome_pidal_y_amalia_pelegrin.jpgO grupo galego Nortempo, centrado na xestión integral de recursos humanos, anunciou a súa incorporación a AMETIC, a asociación que representa á industria dixital en España. Trátase dun paso adiante do grupo ao abeiro do seu plan de innovación, segundo explicaron fontes da empresa, engadindo que será nova firma asociada dunha patronal dixital que aglutina a empresas globais de TI (Tecnoloxías da Información), telecomunicacións, electrónica, servizos e contidos dixitais, asociacións e líderes en transformación dixital.
O presidente de Grupo Nortempo, Bartolomé Pidal e o director xeneral de AMETIC, Francisco Hortigüela, formalizaron a adhesión á asociación en Madrid, destacando o traballo conxunto para impulsar a transformación dixital. Para Pidal, “o noso compromiso coincide co de AMETIC, porque o noso plan estratéxico ten como piares a innovación e dixitalización, forma parte do noso ADN e centra todas as nosas actuacións en materia de recursos humanos. Apostamos pola adopción de tecnoloxías como a Intelixencia Artificial, a seguridade e a análise intelixente de datos, ademais de automatizar e dixitalizar os nosos procesos internos e de negocio”.
Pola súa banda, o director xeneral de AMETIC destacou que é “un pracer contar con Nortempo como nova asociada. Desde AMETIC impulsamos o desenvolvemento de talento dixital e a capacitación no uso destas novas tecnoloxías en todos os traballadores, así como a creación de novos empregos da industria dixital”.
Tanto Grupo Nortempo como AMETIC comparten obxectivos comúns, como o impulso do talento no sector TIC e a dixitalización das empresas e a sociedade; co fin último de mellorar o estado de benestar e a competitividade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?