Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os novos obradoiros de SmartPEME poñen o foco na ciberseguridade, na transformación TIC ou no uso de podcasts
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os novos obradoiros de SmartPEME poñen o foco na ciberseguridade, na transformación TIC ou no uso de podcasts

S. P.
Publicado: 13/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme_900x600-s-tx.jpgA Deputación de Pontevedra, a través de SmartPEME, oferta seis novas formacións para esta semana, enmarcados na súa carteira de obradoiros tecnolóxicos para persoas autónomas, pequenas e medianas empresas e cidadanía en xeral. As accións tratarán a ciberseguridade en dispositivos móbiles, a reorientación de negocios tradicionais e familiares estancados, o uso de podcasts, a promoción de alugueiros vacacionais, as tendencias de economía dixital ou a promoción de negocios co perfil de empresa de Google.
Os obradoiros darán comezo este luns 13 pola mañá co curso sobre Ciberseguridade e dispositivos móbiles, para ver a importancia de protexer os dispositivos móbiles que xa están a desprazar aos PC na xestión cotiá dos negocios. Este obradoiro será impartido por Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D.
O martes impartirase unha nova formación guiada pola consultora e adestradora empresarial, Isabel Rodríguez. Dirixirá Reorientación de negocios tradicionais e familiares que se atopen estancados un obradoiro que ensinará a reorientación de negocios e, tendo en conta a demanda do mercado, evitar o peche dos negocios familiares.
O mércores 15 haberá dúas accións formativas; pola mañá a graduada en Publicidade e Relacións Públicas, Laura Carrera, impartirá o curso Audio márketing: crea e diferénciate da competencia cos podcast, que ensinará como o uso dos arquivos sonoros pode facer que un negocio destaque sobre a competencia. Na quenda de tarde, Sonia Torres, técnica de empresas e actividades turísticas, ofrecerá Promociona o teu alugueiro vacacional en Booking, unha formación orientada a persoas emprendedoras, autónomas e a empresas do sector turístico no que se ensinará a crear e optimizar anuncios de aloxamentos e condicións e vantaxes da plataforma Booking.
O xoves 16 de febreiro, rematará a semana lectiva con outras dúas formacións. Na mañá, no punto SmartPEME de Cambados, de novo Manuel Freire impartirá o curso Tendencias de economía Dixital 2023. O obxectivo deste obradoiro é o de dar a coñecer as principais tendencias tecnolóxicas para o 2023, cun repaso ás tecnoloxías emerxentes e a evolución de outras xa existentes. Pola tarde, o licenciado en comunicación audiovisual, Adrián Fernández, impartirá o curso Promociona o teu negocio co perfil de empresa de Google. A finalidade deste obradoiro é dar a coñecer a ferramenta de Google, enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. O perfil de empresa de Google está pensado para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?