Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O curso de Vitae sobre Clean Code Avanzado chega en marzo á súa cuarta edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O curso de Vitae sobre Clean Code Avanzado chega en marzo á súa cuarta edición

S. P.
Publicado: 14/02/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

clean_code_codigo_limpo_programando_programacion.jpgCoa chegada da primavera, Vitae Consultores dá continuidade á súa intensa actividade formativa enfocada no ámbito tecnolóxico, un escenario onde se precisa, se cadra máis que en calquera outro eido de actividade profesional, dunha constante actualización e dunha apropiación continua de contidos. Na listaxe de propostas programadas pola consultora galega para estes meses inclúese a cuarta edición do Curso Clean Code Avanzado: principios e patróns de deseño.
Celebrase en formato de aula virtual os días 13, 15, 20, 22, 27 e 29 de marzo. O curso en si constitúe unha oportunidade de ouro para mellorar as nosas capacidades para desenvolver programas e proxectos tecnolóxicos e liderar equipos de desenvolvemento, facendo especial fincapé na claridade, na sinxeleza, na simplicidade e na axilidade.
Serán, desta volta, 18 horas de formación.
O miolo da actividade son os beneficios que reporta a un profesional a práctica do bo deseño. “Un bo deseño axúdanos sempre a crear bo software, ou sexa, programas doados de manter a longo prazo”, destacan dende Vitae, engadindo que se ben a análise e o deseño de arquitecturas limpas son sen dúbida tarefas complexas, non parten dende cero: “Podemos mellorar a nosa produtividade e calidade dos nosos produtos aplicando principios fundamentais e patróns de deseño xa probados. Os obxectivos do curso son os seguintes: por unha banda coñecer os principios fundamentais da programación robusta e, pola outra, aplicar os patróns de deseño máis axeitados durante o desenvolvemento.
O curso está dirixido principalmente a programadores con experiencia nalgunha linguaxe orientada a obxectos. Terá unha duración de 12 horas cun “enfoque eminentemente práctico”. A persoa encargada de impartir os contidos será Alberto Basalo, enxeñeiro técnico en Informática con dúas décadas de experiencia como analista programador, xefe de proxectos e formador en pequenas e grandes empresas. Basalo é, a día de hoxe, socio director de AgoraBinaria e consultor asociado a Vitae Consultores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?