Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Thais Pousada participa en Cabo Verde nun seminario sobre inclusión de rapaces con necesidades especiais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Thais Pousada participa en Cabo Verde nun seminario sobre inclusión de rapaces con necesidades especiais

S. P.
Publicado: 14/02/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_thais_cabo-verde.jpgA investigadora do CITIC (Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña) Thais Pousada participou os días pasados (o 9 e 10 de febreiro) en Cabo Verde no Seminario Internacional Incluçao em Rede, organizado pola Universidade de Cabo Verde e a Asociación Colmeia de Pais e Amigos de Crianças e Jovens com Necessidades Especiais. A investigadora interveu na mesa redonda Tessituras inclusivas em debate: desafios contemporâneos na que tivo a oportunidade de presentar os proxectos de innovación docente e o título de Espazo Compartido da Universidade da Coruña, do que é a súa directora académica.
thais-cabo-verde-2-2.jpg Pousada tamén participou no obradoiro Tecnologias de apoio – acessibilidade e inclusão, direito de todos! que estivo dedicado á presentación de resultados da liña de investigación na creación e deseño de tecnoloxías e produtos de apoio de baixo custo para persoas con diversidades funcionais e cognitivas e a mostrar as posibilidades que ofrece a impresora 3D como “un medio alcanzable e ao alcance dos profesionais para a súa elaboración”.
Esta participación xorde da colaboración que estableceron as entidades caboverdianas co Centro de Recursos para a Inclusão Dixital do Instituto Politécnico de Leiria, no que Thais Pousada está a realizar unha estadía de investigación.
A partir deste primeiro contacto xurdiron novas posibilidades de colaboración entre a Universidade de Cabo Verde e a Asociación Colmeia dirixidas á mellora das condicións de vida da poboación infantil con necesidades especiais da illa de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?