Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CLUSAGA lidera un proxecto para modernizar e dixitalizar a industria láctea
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CLUSAGA lidera un proxecto para modernizar e dixitalizar a industria láctea

S. P.
Publicado: 15/02/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

clusaga_perte_sector_agroalimentario_rueda_xunta.jpgA Xunta e o Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) presentaron este 15 de febreiro os detalles da candidatura galega ao PERTE Agroalimentario: un proxecto liderado polo clúster e enfocado a modernizar e dixitalizar a industria láctea. Trátase do proxecto tractor SmarTZ4milk, que conta coa participación de 19 empresas, centros tecnolóxicos e de coñecemento galegos xunto con outros de Asturias, Cantabria, Andalucía, e Cataluña. Participan nel 8 industrias lácteas socias do dito clúster.
Esta información deuse a coñecer durante o Foro Next Generation Galicia do PERTE Agroalimentario celebrado este mércores 15 de febreiro que, xunto co titular do Goberno galego, contou coa participación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde; o conselleiro do Medio Rural, José González; a conselleira do Mar, Rosa Quintana; e o presidente de CLUSAGA, Juanjo de la Cerda.
Rueda atribuíu á colaboración público-privada e á unión do sector o resultado do proxecto tractor SmarTZ4milk que se presenta ao PERTE Agroalimentario, produto da simbiose da industria láctea co ecosistema I+D+i. Sobre esta iniciativa, salientou “o feito de que participan un total de 19 empresas, centros tecnolóxicos e de coñecemento galegos xunto con outros de Asturias, Cantabria, Andalucía e Cataluña, e que ten como obxectivo investigar e aplicar melloras nos procesos de produción da industria láctea”.
En concreto, as industrias lácteas socias de CLUSAGA son Grupo Leche Río S.A. (líder), Leche Celta S.L.U., Lácteos de Santander S.A., Corporación Alimentaria Peñasanta S.A. CAPSA-LARSA, Grupo Cooperativas Lácteas Unidas S.C.G. CLUN, Cooperativa Agraria Provincial De A Coruña S.C.G., Queizuar S.L. e Queixeria Prestes S.L.A. forman parte de SmarTZ4milk.
O foro tamén acolleu a presentación de otros dous proxectos singulares coordinados por Clusaga que xa están en execución e que contan co apoio dos fondos europeos Next Generation. Trátase de Milktelligence, que busca mellorar a produtividade do sector mediante a recollida de datos e visualización de indicadores clave na produción; e Smart4Cheese, que persegue impulsar a dixitalización integral no sector lácteo de queixerías.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?