Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra duplica a media estatal en recuperación de RAEE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra duplica a media estatal en recuperación de RAEE

S. P.
Publicado: 16/02/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_vilagarcia_xornada-estraee-2.jpgA Deputación de Pontevedra converteuse esta semana en referente galego e estatal no tratamento sustentable de refugallos RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos). Máis concretamente, a institución foi destacada como “exemplo de boas prácticas” en materia RAEE durante o transcurso dunha xornada sobre a xestión deste tipo de dispositivos e electrodomésticos celebrada en Vilagarcía. En termos máis concretos, foi quen de duplicar a media española en recuperación de aparellos a través de nove puntos limpos espallados pola provincia.
Na xornada mostráronse as conclusións do proxecto europeo de Estratexia Sustentable Transfronteiriza para a Xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (ESTRAEE), que a Deputación lidera desde 2018, xunto a socios de España e Portugal.
ESTRAEE, que contou cun financiamento de 2,15 millóns de euros, procedentes do FEDER nun 75% do Programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal (POCTEP), tiña como obxectivo mellorar a xestión e recollida de residuos eléctricos e electrónicos, así como impulsar a xeración de emprego.
Na cita participou a presidenta provincial Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o director da Associação de Municípios para Gestão Sustentável de Resíduos do Grande Porto (LIPOR), Fernando Leite.
No transcurso da xornada Silva quixo mostrar o seu “orgullo e agradecemento” aos nove puntos limpos que participaron no proxecto ESTRAEE (Gondomar, A Guarda, A Lama, Meaño, Nigrán, Ponteareas, Silleda, Vilagarcía de Arousa e Mancomunidade do Morrazo), que dan servizo a preto de 200.000 habitantes, por recuperar máis de 1.685 toneladas de residuos eléctricos e electrónicos desde 2019, equivalente a máis de 2,4 kg por habitante e por ano. “Duplicamos a media española, que é de 1,45 kg/habitante, e incluso triplicamos a media galega, que se atopa en 0,84 kg. Sentídevos orgullosas e orgullosos do traballo desenvolvido, dun traballo moi ben feito”, subliñou a presidenta.
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, lembrou a necesidade de”traballar para respectar e coidar os recursos naturais, para garantir que cheguen ás xeracións futuras en condicións óptimas, algo para o que estamos traballando nos municipios, se ben moitas veces sobran intencións e faltan recursos técnicos e económicos”. Por iso, remarcou a importancia de proxectos como o ESTRAEE, que permitiu mellorar o punto limpo de Vilagarcía, “un dos primeiros que existiron en Galicia”, ademais de crear outro centro de recollida de RAEE para pequenos aparellos, actuacións que se completaron coa adquisición de puntos limpos móbiles.
Segundo recordou, en 2022 recolléronse no punto limpo de Vilagarcía 27,3 toneladas de residuos RAEE, 10,2 de pequenos aparellos e outros 17 de televisión, pantallas LED e elementos semellantes. “Para nós foi un reto de xestión, que fixo preciso ampliar as instalacións, adaptalas ás novas e numerosas categorizacións dos residuos, mellorar as infraestruturas e o sistema de almacenamento e seguridade dos materiais contaminantes e adaptalas aos estándares de calidade e aos cambios lexislativos correspondentes. Puxemos todo o que puidemos e, ademais, quero agradecer a sensibilidade e colaboración da Deputación”.
Pola súa parte, o director de LIPOR, Fernando Leite, explicou como a asociación lusa introduciu a xestión de residuos na cadea de valor a través de prácticas innovadoras. “ESTRAEE permitiunos potenciar moito máis as prácticas de prevención de residuos, que constitúe o piar do modelo de xestión sustentable de recursos de LIPOR”. Desta maneira, nos 9 “ecocentros” (puntos limpos) nos que se actuou en Portugal reparáronse e reutilizáronse 8 toneladas de equipos desde 2020, que tiñan o potencial de emitir 22,2 toneladas de emisións de CO2. En total, foron 640 as toneladas de RAEE recollleitadas. O presidente do Consello de Administración de LIPOR e presidente da Cámara Municipal de Valongo, José Manuel Ribeiro, que interveu a través de vídeo, lembrou que o “nivel de produción de equipamentos eléctricos e electrónicos é un dos maiores desafíos globais en materia de sustentabilidade” pois, sen unha correcta xestión, “levan asociados importantes riscos para o medio ambiente e a saúde pública”. Por iso considera vital o labor realizado a través do ESTRAEE, que lles permitiu “dar importantes pasos na xestión municipal deste residuos, promovendo ademais unha maior circularidade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?