Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A quinta edición de BFFood impulsa 14 proxectos innovadores de emprendemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A quinta edición de BFFood impulsa 14 proxectos innovadores de emprendemento

S. P.
Publicado: 16/02/2023
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

bffood_cluster_galicia.jpgBusiness Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario galego impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) e empresas de referencia na industria alimentaria galega, vén de seleccionar os 14 proxectos que participarán na súa quinta edición.
Dos seleccionados, catro accederán ao programa de consolidación e 10 ao de aceleración. A gran maioría veñen da man de novas firmas innovadoras (startups) galegas, pero tamén están presentes iniciativas de Euskadi e de Canarias. Unha boa parte deles salienta por botan man das máis avanzadas e disruptivas tecnolóxicas dixitais e intelixentes.
Todos recibirán apoio integral e especializado, durante nove meses no caso del programa de aceleración, e doce no de consolidación, con acceso a mentoría, formación, adestramento, servizos técnicos, infraestruturas e “medios especificamente concibidos para o seu ámbito de desenvolvemento”, explicou CLUSAGA, engadindo que o obxectivo é “impulsar a súa idea innovadora para facer fronte a los retos do sector alimentario”.
Ademais, cada startup do programa de consolidación terá a oportunidade de recibir apoio económico, a través dun préstamo participativo por parte da Xunta a través de XesGalicia, que podería implicar unha opción de capitalización de ata un máximo de 250.000€. No caso no programa de aceleración, os proxectos poderán acceder a financiamento do Goberno galego a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), de 25.000€ a fondo perdido, e de XesGalicia, a través de un préstamo participativo que podería conlevar unha opción de capitalización de ata 50.000€.
Esta quinta edición recibiu un total de 33 candidaturas, tanto a nivel nacional como internacional, e contou co apoio de 22 empresas líderes do sector alimentario galego.
Destas empresas, as encargadas do proceso de mentoría dos proxectos seleccionados serán Grupo Lence, Innolact, Grupo Nueva Pescanova, Grupo Pereira, Viña Costeira, Hijos de Rivera, Bodegas Martín Códax, CONGALSA e GADISA. Xunto a estas, as entidades AGACA e CLUSAGA tamén participan como mentoras nesta edición da aceleradora.

Contidos
  • Proxectos para o programa de aceleración
  • Proxectos seleccionados no programa de consolidación

Proxectos para o programa de aceleración

– YowUpMilk. Este proxecto propón o desenvolvemento de leite e iogures para cans e para gatos en formatos adaptados ao mercado, cunha vida útil de 18 meses, sen frío e cunha formula adaptada ás súas necesidades nutricionais.
– GrabITVision. Esta iniciativa desenvolve solucións de visión artificial para o sector agroalimentario, a través dunha plataforma propietaria baseada en Deep Learning que permite desenvolver de xeito rápido e flexible diversos casos de uso nun hardware de custo reducido.
– Salmoira. Desenvolve produtos semiconservados para o seu consumo directo, produtos de quinta gama ou a salgadura de alimentos coma método de conservación para o seu posterior consumo desalgado. Tamén desenvolve de xeito industrializado dun novo produto envasado e conservado, destinado a canle HORECA ou alimentación gourmet.
– AnFood. Este proxecto desenvolve un produto plug & play que aprenda de xeito automático a detectar anomalías en imaxes de comida, de tal forma que calquera persoa sen coñecementos en Intelixencia Artificial poda levar a cabo un sistema de detección de corpos estraños de xeito autónomo.
– GradHoc. Desenvolve unha plataforma multiprotocolo de Intelixencia Artificial para a monitoraxe, optimización e automatización de instalacións e alarmas, con análise preventivo e preditivo. Os principais beneficios para as empresas alimentarias serán a xestión e a optimización da enerxía en instalacións frigoríficas.
– Nigal. Proxecto que realiza a xestión de stocks de xeito automatizado e facer predicións de ventas a partir de datos históricos mediante algoritmos de intelixencia artificial para diminuír o impacto da situación actual de incremento do prezo de materias primas e o grao de incerteza nos prazos de entrega.
– Tofu Landeira. Proxecto que fabrica tofu ecolóxico en base soia cunhas calidades organolépticas moi diferenciadas ao existente no mercado, elaborando, ademais, os produtos a partir de cultivo ecolóxico certificado propio.
– Recarbo. Proxecto que, mediante tecnoloxía de cadea de bloques ( blockchain) asegura a rastrexabilidade de emisións de gases de efecto invernadoiro do produto desde a súa orixe, avaliando e acreditando a veracidade das emisións xeradas en toda a cadea de valor a fin de poder certificar un produto neutro en carbono baixo un estándar recoñecido internacionalmente (PAS 2050).
– BioCrops. Iniciativa enfocada a desenvolver fertilizantes ecolóxicos a partir de subprodutos da cría de larvas de Tenebrio Molitor, xerando un abono orgánico 100% natural, previndo a degradación do solo de xeito sustentable e obtendo quitina como biofortificante, en favor do Urban Farming.
– SEA 4.0. A proposta de valor de SEA 4.0 é sensorizar os cultivos mariños para poder comprender, con tecnoloxías avanzadas de tratamento de datos, os principais factores que inflúen na obtención de produtos de calidade óptima.

Proxectos seleccionados no programa de consolidación

– NSF 4.0: Néboda é unha startup enmarcada no ámbito da agricultura vertical de interior, que ten como misión a produción de vexetais da máis alta calidade, de proximidade, cultivados preto dos puntos de venda e dos consumidores, dun modo sustentable, minimizando ao máximo a pegada ecolóxica e independente da estacionalidade.
– Buffet Waste. Proxecto que conta cun sistema intelixente de medición do desperdicio alimentario xerado nos buffets e puntos de restauración dun establecemento hoteleiro. Este aplicativo permitirá cuantificar os residuos de comida do buffet diferenciándoos por tipoloxía, e vinculados ao perfil do tipo de cliente aloxado.
– Enzicas. Empresa que levará ao mercado un aditivo alimentario natural que reduce os tempos de maduración de queixos e embutidos conseguindo unha optimización dos custos operativos, reducindo a adición en sales no produto final e as emisións de CO 2 producidas ao longo do proceso produtivo.
– Provide. Servizo de diagnóstico e asesoramento personalizado ao sector vitivinícola para o desenvolvemento de solucións biotecnolóxicas de control de enfermidades e valorización de subprodutos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?