Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A dixitalización será un dos eixes básicos da terceira edición de Mindtech
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A dixitalización será un dos eixes básicos da terceira edición de Mindtech

S. P.
Publicado: 17/02/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mindtech_vigo_2023.jpgVigo acolle este venres 17 de febreiro a presentación do encontro Mintech 2023 (Metal Industry and Technologies International Trade Fair), que se celebra este verán (do 20 ao 23 de xuño). Será a terceira edición dun encontro organizado pola Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME) que na súa anterior convocatoria foi quen de atraer máis 20.000 visitantes e máis de dous centenares de expositores, amais de preto de medio cento de novas firmas innovadoras e centros de aceleración. Na presentación participou o conselleiro de Economía, Francisco Conde, quen salientou que Mindtech é “o espazo idóneo para xerar sinerxías entre empresas tractoras e startups da industria”.
Durante a súa intervención, Conde reivindicou o alicerce industrial que “Galicia leva no seu ADN”, e salientou “a importancia da colaboración público-privada como panca do tecido económico”.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación destacou que o sector do metal representa o 20% do PIB de Galicia e que no 2022 supuxo o 35,4% do total das exportacións galegas. Francisco Conde subliñou que esta industria “abrangue un amplo número de actividades cun grao de interrelación e competitividade que o converten nun dos sectores con máis potencial para a innovación e para a diversificación de mercados e produtos”.
Conde dixo que na terceira edición de Mindtech van estar moi presentes os retos da innovación, a dixitalización, a transición enerxética e a sustentabilidade, resaltando que neste encontro “vai quedar de manifesto o esforzo e a capacidade coa que a industria galega, co apoio das administracións, lles está dando resposta”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?