Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ecoplas Barbanza vai poder incrementar a súa presenza internacional coa axuda de Galicia Avanza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ecoplas Barbanza vai poder incrementar a súa presenza internacional coa axuda de Galicia Avanza

S. P.
Publicado: 20/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ecoplas-barbanza.jpgA firma Ecoplas Barbanza, empresa innovadora da Pobra do Caramiñal adicada á fabricación de mobiliario e produtos de deseño sustentables a partir do plástico reciclado (moito del procedente das actividades relacionadas coa pesca e o marisqueo), atópase entre as iniciativas beneficiadas polo programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas Galicia Avanza, posto en marcha en 2022 da man de GAIN (Axencia Galega de Innovación), o IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) a Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia. Grazas á súa participación en Galicia Avanza, Ecoplas Barbanza poderá incrementar a súa presenza noutros mercados.
Primeira edición de Galicia Avanza
Na primeira convocatoria de Galicia Avanza, que vén de rematar, participaron 30 pemes innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade. Xa está en marcha a segunda convocatoria do programa, á que poden acceder outras 30 pemes. O prazo para presentar as solicitudes á aceleradora remata o 28 de febreiro e deberá realizarse a través da web de seu.
Durante os oito meses de duración do programa, traballouse na saída ao mercado exterior das empresas e tamén na consolidación internacional das que xa tiñan experiencia neste eido, abríndolles novos mercados ou accedendo a novos segmentos de clientes. Axudóuselles a mellorar a súa estratexia comercial internacional, avanzouse na protección das súas marcas e deseños industriais ou intelectuais e na detección de posibles colaboracións con outras empresas. Un dos ámbitos fundamentais de traballo foi, tamén, o ámbito da nova comunicación: a tecnolóxica (redes sociais, Internet, nova mercadotecnia, novos formatos).
Das 30 pemes participantes na primeira edición, unha é da Pobra do Caramiñal. Trátase de Ecoplas Barbanza, que nace en 2005, focalizándose primeiro na fabricación de mallas extruídas destinadas principalmente ao cultivo e envasado de marisco. Nestes anos logrou entrar no mercado europeo e en breve farao no norteamericano. Segundo explican dende GAIN, IGAPE e a Tecnópole, en 2020 e 2021 as mallas biodegradables e compostables supuxeron entre o 10 e 15% da súa facturación, ao redor do 90% en Centroeuropa. A empresa foi incrementando as súas cifras ano tras ano, case triplicando o volume de exportación desde 2018 a 2021.
Nestes intres buscan os responsables de Ecoplas impulsar a internacionalización da súa gama Netcycle, mobiliario e produtos de deseño sustentables e funcionais creados a partir de plástico reciclado; en particular nos países do norte de Europa como Bélxica, Holanda, Alemaña, Dinamarca…, por tratarse de sociedades máis comprometidas co medio e co deseño de vangarda.
O plástico que usan na fabricación destes produtos procede tanto dos desperdicios que xera a empresa nos seus procesos produtivos como doutras empresas. O produto é, ao mesmo tempo, un material de construción, de xeito que pode empregarse na creación de espazos interiores ou stands para feiras, mesmo como material illante para fachadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?