Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: España está por enriba da media europea en materia de competencias dixitais da cidadanía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

España está por enriba da media europea en materia de competencias dixitais da cidadanía

S. P.
Publicado: 20/02/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ontsi_competencias_dixitais.jpgO Observatorio Nacional de Tecnoloxía e Sociedade (ONTSI) presentou unha nova colección de monográficos sobre a estratexia España Dixital 2026. O primeiro dos monográficos, chamado Competencias dixitais, lanza importantes datos sobre o nivel de implantación social das novas ferramentas no ámbito estatal. No estudo faise saberque España está por enriba da media en materia de desenvolvemento das competencias dixitais da cidadanía.
En concreto, o impulso das administracións e da sociedade no seu conxunto neste sentido, lograron que en España un 64% da poboación dispoña de competencias dixitais polo menos básicas, ocupando o sexto lugar e por diante de países como Francia (62%) e Alemaña (49%), achegándose o país ao obxectivo de que o 80% da cidadanía conte con estas competencias, marcado pola Comisión Europea para 2030. Ademais, o monográfico sinala que España conseguiu reducir a fenda dixital por cuestión de xénero, habendo unha diferenza de 3 puntos porcentuais nestes momentos (63% das mulleres fronte ao 66% dos homes). Isto tamén posiciona a España no 6.º posto da clasificación da Unión Europea.
Porén, as maiores brechas en competencias dixitais danse en función da idade, con 58 puntos de desvantaxe entre a poboación maior fronte á máis nova. A diferenza en función da ocupación é a segundo maior brecha, de 49 puntos, entre poboación non activa e estudantes.
Destácase tamén que máis da metade das persoas en situación de desemprego posúe competencias dixitais básicas ou superiores.
O monográfico convida a reflexionar sobre a importancia de que todos os grupos poboacionais poidan adquirir estas competencias en igualdade de condicións, de forma que se reduzan as brechas que aínda existen á hora de afrontar os retos e oportunidades da economía dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?