Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG recupera na Rede conferencias musicais galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG recupera na Rede conferencias musicais galegas

S. P.
Publicado: 20/02/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

caligrafias_musicais_ccg_ig_especial_retrato_10450.jpgCaligrafías musicai é o novo proxecto do Arquivo Sonoro de Galicia (ASG) do Consello da Cultura Galega (CCG), unha iniciativa para recuperar e reivindicar na Rede, cada dous meses, conferencias destacadas de prestixiosos estudosos do eido musical galego que permiten revalorizar compositores, estilos musicais ou instrumentos que forman parte da cultura musical do país. O proxecto, coincidindo co Día de Rosalía, estréase poñendo o foco na vertente musical da poeta. Sobre esta faceta menos coñecida da autora de Follas novas fala outro erudito, Filgueira Valverde, na primeira entrega de Caligrafías musicais.
Na primeira entrega o polígrafo Xosé Filgueira Valverde esmiuza os textos rosalianos para fixarse nos seus aspectos sonoros e musicais: sons da natureza, campás, cantos de paxaros, ritmos e acentos dos cantares populares…, ata chegar á Alborada popular de Rosalía de Castro. A intervención titulouse Rosalía e a música foi presentada por Afonso Vázquez-Monxardín, tivo lugar en 1992 no Ateneo de Ourense e foi organizada polo Concello de Ourense. Na gravación Valverde destaca as calidades musicais inxénitas da poeta, que favorecen a súa formación musical autodidacta, a súa voz de contralto e a súa facilidade como intérprete de instrumentos.
Sobre o proxecto
O título do proxecto expresa a súa dobre intención. Por unha banda, caligrafías significa tanto “a arte de escribir con boa letra” como “o conxunto de trazos que caracterizan a escritura dunha persoa ou escrito”. Pola outra temos a música, obxectivo último desta iniciativa do Arquivo Sonoro de Galicia, que busca rescatar a erudición de prestixiosos estudosos do eido musical galego (Xosé Filgueira Valverde, Xosé López Calo…) e revalorizar compositores, estilos musicais ou instrumentos ⸺entre outros⸺ que forman parte da cultura musical de Galicia (Gaos, a zanfona etc.).
O Arquivo Sonoro de Galicia (ASG) abre deste xeito una nova liña de divulgación dos seus fondos inéditos. Terá periodicidade bimensual e ofrecerá as reflexións versadas de nomes como Xosé Filgueira Valverde, Xosé López Calo, Bautista Varela de Vega, Joám Trillo, Ramiro Cartelle, Carlos Villanueva, Javier Garbayo ou Manuel Balboa.
O Arquivo Sonoro de Galicia
O Arquivo Sonoro de Galicia (ASG) é un dos arquivos do Consello da Cultura Galega e a súa liña de acción xira arredor da recuperación do patrimonio oral (tanto culto como tradicional) e musical galego. A recompilación, a preservación e a difusión son os tres eixes centrais da súa actividade. En canto á compilación, o ASG está permanentemente buscando gravacións sonoras (arquivo da palabra, gravacións etnográficas, rexistros etnomusicolóxicos, material radiofónico, músicas galegas —culta, tradicional, pop, rock…—) entre arquivos particulares e de institucións, colectivos e compañías discográficas. O seu traballo de preservación implica accións a varios niveis: por unha banda, a conservación do seu fondo sonoro en condicións óptimas de humidade e temperatura e, pola outra, a súa catalogación e dixitalización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?