Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Política Lingüística e Ronsel de Ideas lanzan un conto dixital interactivo con motivo do Día da Lingua Materna
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Política Lingüística e Ronsel de Ideas lanzan un conto dixital interactivo con motivo do Día da Lingua Materna

S. P.
Publicado: 21/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ti_es_a_chave_da_primavera_politica_lingusitica_ronsel_ideas.jpgCo gallo da celebración este martes (21 de febreiro) do Día Internacional da Lingua Materna, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración con Ronsel de Ideas, lanzou o xogo familiar Ti es a chave da primavera, un conto dixital interactivo que ten como obxectivo concienciar e sensibilizar sobre a importancia de legar a lingua ás novas xeracións, buscando garantirlle un futuro á nosa lingua a través da súa presenza activa nas crianzas.
Os contidos deste proxecto, que inclúen o conto dixital do mesmo título, Ti es a chave da primavera, así como un amplo abano de actividades interactivas adicionais relacionadas, xa están dispoñibles totalmente de balde no Portal da Lingua Galega (Política Lingüística).
Con gallo da súa presentación e lanzamento, o secretario xeral Valentín García, indicou que estes contidos, xunto con outros que se presentarán en datas vindeiras, “veñen a enriquecer o repositorio de recursos destinados á infancia e á transmisión interxeracional do galego, tanto na familia como no ensino”. Valentín García agradeceu o traballo de Roberto Noguerol, de Ronsel de Ideas, empresa responsable do proxecto especializada na elaboración de materiais e contidos divulgativos nas áreas de cultura, educación e lingua.
Tamén explicou que o proxecto está concibido para a rapazada da Educación Primaria, que se atopa “nun momento formativo moi importante de aprendizaxe, tanto desde o punto de vista da competencia coma do asentamento lingüístico”.
ti_tes_a_chave_da_primavera.jpg Ti es a chave da primavera inclúe un conto dixital e recursos interactivos adicionais en tres áreas, tituladas Dos xograres ao trap, Un idioma para percorrer o mundo, e Unha lingua de récords.
Tomando como fío condutor o lema Mil Primaveras máis inmortalizado no escrito do mesmo nome polo noso escritor Álvaro Cunqueiro, os materiais teñen o obxectivo de facer ver aos nenos e nenas que “son unha peza fundamental do futuro do idioma, ao tempo que se quere reforzar e concienciar as familias na idea de que a transmisión da lingua é unha chave para o futuro dos seus fillos e fillas”.
Ti es a chave da primavera forma parte da iniciativa TeCe Redes en galego da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades é un repositorio de proxectos dixitais e servizos esenciais, creado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, co fin de fornecer un programa de dinamización lingüística e de transmisión xeracional dirixido ao público infantil e xuvenil, nas diversas interaccións verbais e escritas da súa vida cotiá e coas súas familias.
No marco deste programa realizáronse tamén ducias de actuacións teatrais, musicais ou exposicións que involucraron milleiros de persoas e que foron froito das propostas de profesionais do sector cultural, creativo e artístico galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?