Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tramitados a distancia máis 600 certificados dixitais dende novembro na provincia Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Tramitados a distancia máis 600 certificados dixitais dende novembro na provincia Coruña

S. P.
Publicado: 21/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

goberno_coruna_a_administracion_preto_de_ti.jpgO Goberno, a través da subdelegada na Coruña, María Rivas, vén de facer balance do acadado na provincia pola iniciativa A Administración preto de ti, posta en marcha a finais do ano pasado en Valdoviño. Segundo fixo saber a subdelegada, o programa itinerante xa percorreu dende novembro 44 dos 67 municipios coruñeses aos que ten previsto chegar. En cada unha destas visitas tramítase o certificado dixital in situ das persoas que acoden. En total, durante estes meses tramitáronse xa 603 certificados dixitais e atendido a 727 persoas.
Desprazamentos do persoal
Cada semana, persoal técnico da Subdelegación do Gobierno desprázase a concellos da provincia, con menos de 8.000 habitantes, onde informa, orienta e liquida todas as dúbidas da cidadanía sobre os servizos dixitais aos que pode acceder.
Durante esta semana A Administración preto de ti visitará os concellos de Lousame o 22 de febreiro, A Baña, o día 23 de febreiro e Pontedeume o 24 de febreiro.
Oportunidade única
A subdelegada do Gobierno na Coruña, María Rivas, anima a todas as veciñas e veciños dos concellos aos que chegue este programa que acudan xa que se “trata dunha oportunidade única para tramitar o certificado dixital, ferramenta clave para poder realizar infinidade de trámites administrativos sen necesidade de desprazarse fóra do domicilio co consecuente aforro de tempo e tamén de diñeiro que isto implica”.
A subdelegada mostrou a súa satisfacción pola receptividade da cidadanía durante estes tres meses nos que o programa percorreu parte do territorio da provincia.
María Rivas incidiu tamén na importancia de dotar de ferramentas dixitais á cidadanía dos concellos máis pequenos para que “poidan realizar desde os seus domicilios trámites básicos como prestacións, pagos de taxas públicas, permisos de conducir ou certificados de vida laboral entre outros”.
María Rivas lembrou que, aínda que na actualidade “as novas tecnoloxías permiten aos cidadáns acceder a multitude de trámites en liña e procedementos electrónicos, este acceso á administración dixital require de medios e coñecementos adecuados no uso de ferramentas tecnolóxicas, algo que a parte da poboación de maior idade resúltalle máis difícil”. Por iso é polo que programas como A Administración preto de ti axuden a resolver parte destas dificultades, dixo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?