Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 40% do Grove xa goza de banda larga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 40% do Grove xa goza de banda larga

S. P.
Publicado: 22/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

silva_carmela_banda_larga_plan_unico_deputacion_pontevedra_minones_fibra1e.jpgJosé Miñones, delegado do Goberno en Galicia, e Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, estiveron este mércores 22 de febreiro no Grove para tomar o pulso do proceso para dotar de cobertura de banda larga á totalidade dos concellos da provincia, proceso impulsado dende o Goberno ao abeiro do Plan Único. Segundo fixo saber Miñones, o Executivo central está a mobilizar 1.000 millóns de euros para acadar a conectividade total antes de 2025. Miñones e Silva reuníronse en Porto Meloxo (O Grove) co alcalde José Cacabelos, coincidindo co despregue da banda larga nesta zona do territorio grovense, que xa chega ao 40% da poboación.
Miñones explicou que na provincia de Pontevedra, a convocatoria de 2021 do Plan Único foi adxudicada a Telefónica, que ten de prazo ata decembro de 2023 para rematar as obras nas 18.973 vivendas que recibirán a fibra óptica. Porén, a convocatoria de 2022 foi parar a Avatel Telecom, que dispón dun prazo ata decembro de 2024 para sumar outras 18.973 vivendas. Deste xeito, antes do ano 2025 disporán da banda ancha un total de 41.289 vivendas da provincia gracias á mobilización dun total de 16.166.245 euros nestas dúas convocatorias. O plan completarase, para alcanzar o obxectivo do 100% de cobertura, cunha terceira convocatoria neste ano 2023 que inclúe tamén a expansión do 5G.
José Miñones engadiu que, complementariamente ao despregue da fibra óptica, a partir da próxima primavera comezarán a operar os enlaces vía satélite 5G para as áreas rurais da provincia nas que sexa imposible o tendido. Farase no marco do gran contrato asinado polo Goberno de España con Hispasat e, ademais, a un prezo fixo de 35 euros ao mes. O plan estatal contempla, adicionalmente, subvencións de ata 600 euros para os particulares, empresas e mesmo concellos para a instalación dos equipos de recepción e distribución do sinal.
Pola súa banda, o alcalde do Grove, José Cacabelos, explicou que un 40% do seu municipio xa goza de banda larga e destacou que Porto Meloxo é o último exemplo dun avance na conectividade que tamén se concretou en lugares como San Vicente, Balea, Boibas, Meloxo ou Reboredo “que, podería pensarse, serían os últimos e en cambio están sendo os primeiros, mesmo por diante dalgunhas rúas do núcleo urbano, onde estamos comezando agora mesmo as obras de tendido da fibra óptica”. En moi pouco tempo, celebrou, “o 100% do Grove terá conectividade á Internet de altas prestacións e iso mellorará a vida da xente, porque todo o mundo ten hoxe un dispositivo tecnolóxico conectado, pero tamén será algo extraordinario para as empresas e para a hostalería de toda a zona, que verán incrementada a súa competitividade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?