Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago gozará dunha xestión contable cen por cen electrónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago gozará dunha xestión contable cen por cen electrónica

S. P.
Publicado: 22/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

concello_santiago_marta_abal.jpgO Concello de Santiago implantará nos vindeiros meses unha nova aplicación informática que permitirá, en palabras da concelleira de Facenda, Marta Abal, “unha xestión integral de facturas desde o momento da súa presentación ata o seu pagamento, evitando a xestión manual”. Esta nova solución web fará posible, tamén, coñecer en todo momento a situación na que se atopa a factura e a integración desta xestión con outros procesos administrativos.
Para dar forma á aplicación, a xunta de Goberno local aprobou a adxudicación dun contrato á empresa Aytos Soluciones Informáticas SL por un importe total de 129.808,80 € para “o subministro e implantación dunha solución web integrada para a xestión de facturas e a aplicación de xestión contable do Concello de Santiago”, que estarán localizadas nun único servidor.
En termos máis concretos, a aplicación Firmadoc permitirá implantar un proceso electrónico integral de xestión das facturas desde a súa entrada no punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración General del Estado (FACE) ata o seu pagamento, evitando a xestión manual, permitindo o rexistro da rastrexabilidade e posibilitando a integración con outros procesos administrativos.
Como dixemos, a ferramenta tamén posibilitará consultar en todo momento á situación real dunha factura “nun só clic” e optimizar os tempos medios na execución das tarefas, detectando atrancos na tramitación. Esta mellora, explicaron fontes do Concello, “virá reforzada por un sistema visual de alertas dos prazos legais de tramitación e a posibilidade de establecer criterios de priorización na tramitación das facturas segundo data de vencemento, prazos de tramitación, urxencia, etc”.
A concelleira de Facenda e Modernización da Administración Local, Marta Abal, salientou que a implementación desta solución “é unha gran materia pendente no Concello” e fará realidade “mellorar a eficacia e a eficiencia na tramitación das facturas, e detectar os colos de botella”. Ademais, “desde o punto de vista externo, melloraremos na transparencia, xa que os provedores poderán saber en cada momento a situación exacta na que se atopa cada unha das súas facturas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?