Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Todo o que quixemos saber sobre os fundamentos en xestión de proxectos, nun novo curso de Vitae
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Todo o que quixemos saber sobre os fundamentos en xestión de proxectos, nun novo curso de Vitae

S. P.
Publicado: 22/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xestion_proxectos_management.jpgVivimos tempos incertos, asediados por crises diversas que afectan directamente ás empresas. A nivel de traballo, todo o que se faga por aumentar a efectividade, sacar o máximo rendemento aos recursos cos que contamos e optimizar a xestión manteranos por forza no bo camiño. Isto é aplicable a calquera empresa de calquera sector, pero especialmente importante no sector TIC. “Utilizar as boas prácticas na xestión de proxectos achéganos certidume no desenvolvemento de proxectos, axudando a que a planificación sexa máis realista e detallada e o seguimento e control máis ordenado, o que sempre resultará beneficioso para acadar os resultados previstos”, explican dende a consultora Vitae, que organizan este mes de marzo, en formato de aula virtual, o curso Fundamentos en Xestión de Proxectos. Serán 15 horas de formación a celebrar os días 13, 16, 20, 23 e 27 de marzo.
Sobre os beneficios desta nova actividade formativa, a consultora galega Vitae engade que “os procesos directivos existentes, os documentos recomendados e as ferramentas e técnicas dispoñibles axudarán ao director do proxecto e ao seu equipo a aportar unha visión a longo prazo do proxecto e a materializalo de maneira máis coherente e sistemática”.
Os obxectivos concretos do curso son os seguintes:
-Coñecer as boas prácticas de dirección de proxectos internacionalmente recoñecidas.
-Coñecer o vocabulario específico da disciplina, o cal tamén é internacionalmente recoñecido.
-Definir o ciclo de vida dun proxecto e determinar os procesos directivos en base ao seu tamaño, complexidade, incerteza e natureza.
-Coñecer as ferramentas máis axeitadas para o seguimento e control do proxecto, así como os informes que poden xerarse.
O curso está dirixido a profesionais que estean participando na xestión de proxectos dende diferentes roles, estean familiarizados sobre fundamentos de boas prácticas e queiran afianzar coñecementos e adquirir outros novos, que les axuden a ter unha percepción global do ciclo de vida dun proxecto, as súas fases e as ferramentas e técnicas recomendadas.
A persoa encargada de impartir os contidos será Isaac Olalla Del Real, licenciado en Dereito (Universidade Complutense de Madrid) amais de ser un profesional certificado co PMP e co PMI-RMP por parte do Project Management Institute. Trátase dun experto en xestión de iniciativas innovadoras, con máis de 15 anos de experiencia neste ámbito e preto dunha década como formador, impartindo cursos de xestión baseada na metodoloxía PMI. Polas súas actividades de adestramento xa pasaron máis de dous milleiros de persoas, formándose en xestión dunha PMO, en xestión de riscos e en xestión avanzada de proxectos. Ten traballado para Telefónica, Vodafone, Deloitte, IECISA, BT, a DXT, Bankinter, FedEx, o Ministerio de Industria, Votorantim, OHL ou a Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?