Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo, a UDC e o CATEC preparan o terreo para usar drons no mantemento dos parques eólicos mariños
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo, a UDC e o CATEC preparan o terreo para usar drons no mantemento dos parques eólicos mariños

S. P.
Publicado: 23/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

eagle_uvigo_dronesh2.jpgCo fin de empregar drons en operacións de mantemento de parques eólicos situados no mar, nacía o pasado mes de novembro o proxecto Eagle. Detrás deste traballo está un equipo con sede na Universidade de Vigo e con colaboración da Universidade da Coruña e do Centro Avanzado de Tecnologías Aeroespaciales (CATEC). Trátase dunha dixitalización do espazo aéreo e mariño para o despregue de sistemas aéreos non tripulados aplicados ao mantemento de parques eólicos offshore.
Esta idea está financiada polo programa de Transición Ecolóxica e Dixital (TED) do Ministerio de Ciencia e Innovación e a súa coordinación recae en Higinio González e Elena Martín, persoal docente e investigador da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e membros do novo Instituto de Física e Ciencia Aeroespacial do campus de Ourense. A participación da Universidade da Coruña está liderada polo investigador Marcos Míguez e a do Centro Avanzado de Tecnologías Aeroespaciales (CATEC), da Fundación Andaluza para el Desarrollo Aeroespacial, por Antidio Viguria. O proxecto desenvolverase deica novembro de 2024.
Cómpre sinalar que a produción de enerxía eólica nos parques situados no mar, detallan dende a organización de Eagle, “tense multiplicado exponencialmente no último lustro e prevese que se siga incrementando durante os vindeiros anos, para contribuír tamén a alcanzar os obxectivos climáticos e de descarbonización da produción eléctrica”. Neste eido, engaden, “Galicia é unha comunidade autónoma que presenta gran potencial”.
O Pacto Verde Europeo, comenta o equipo do proxecto, “transformará a UE nunha economía competitiva e eficiente no uso de recursos para deter o cambio climático e a degradación do medio ambiente” e “o cumprimento de ambiciosos obxectivos como a eliminación das emisións netas de gases de efecto invernadoiro para 2050 e o crecemento económico desvinculado do uso de recursos naturais, require, entre outros, aumentar as instalacións de enerxía eólica mariña dos 12 GW instalados ata 2020 a 300 GW en 2050”. Para poder lograr este reto, apuntan, “a enerxía eólica offshore debe continuar mellorando e reducindo os seus elevados custos de operación e mantemento, xerados principalmente polas condicións ambientais complexas, e en ocasións hostís, do mar”.
drones5.jpgDende o proxecto Eagle engaden que, “o mantemento é unha das operacións máis custosas na explotación das infraestruturas eólicas offshore e as aeronaves non tripuladas poden contribuír á inspección da infraestrutura e á realización de operacións de tipo loxístico”. As vantaxes do uso de drons neste senso son: a rapidez de despregamento, a seguridade ao evitar usar operarios en altura, a facilidade de dixitalización de certas accións e a accesibilidade para persoas de mobilidade reducida. Asemade, tamén achega certas complexidades como por exemplo a dificultade de aterraxe e despegue autónomo sobre plataformas flotantes e o voo na proximidade ou en contacto cunha estrutura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?