Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA promove a doazón de computadores para a inclusión dixital das persoas maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA promove a doazón de computadores para a inclusión dixital das persoas maiores

S. P.
Publicado: 23/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

maior_tecnoloxias_senior_computador.jpgA Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (ATEGAL) recibiu este 23 de febreiro unha doazón de 31 equipos informáticos que se destinarán á inclusión dixital das persoas maiores. Esta entrega solidaria de material tecnolóxico materializouse no marco do Programa de Voluntariado Dixital (VOLDIX), promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Os equipos foron doados pola consultora multinacional NTT Data, que participa como mecenas dixital no programa VOLDIX.
Segundo explican AMTEGA e Xuventude, esta doazón contribúe á consecución dun dos obxectivos básicos do Programa VOLDIX que suma esforzos para favorecer a inclusión dixital de toda a cidadanía, poñendo o foco nos colectivos en risco de exclusión dixital. Neste caso concreto, a entrega de equipos permitirá á Asociación ATEGAL dispor do equipamento necesario para poder continuar e impulsar a formación de persoas maiores facendo fincapé no eido da alfabetización e capacitación dixital a través das aulas de A Coruña, Vigo, Ferrol, Santiago e Ourense.
Esta colaboración entre ambas entidades persegue “incorporar os coñecementos nas tecnoloxías da relación, a información e a comunicación mellorando a accesibilidade da poboación, especialmente das persoas maiores, ás TRIC e a súa aplicación na vida cotiá promovendo a divulgación dos servizos e beneficios da Sociedade da Información”, engadiron dende AMTEGA e Xuventude.
Pola súa banda, o programa VOLDIX enlaza e interrelaciona o esforzo e as necesidades dos máis de 980 aliados cos que conta na actualidade. Entre estes aliados figuran entidades colaboradoras como ATEGAL e os mecenas dixitais (entre os que se inclúe a consultora NTT Data). No seo desta colaboración, NTT Data ten realizado diferentes doazóns de equipamento a entidades colaboradoras que así o solicitaron. No seu papel de aliado dixital tamén realizou actividades formativas orientadas a varias temáticas como a busca de emprego, novos perfís profesionais, Administración Electrónica, eSaúde, charlas con expertos e obradoiros creación de videoxogos, drons, seguridade nas redes, robótica, Realidade Virtual etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?