Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aprobado na Coruña o proxecto de ordenanza reguladora da eAdministración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aprobado na Coruña o proxecto de ordenanza reguladora da eAdministración

S. P.
Publicado: 23/02/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

conecta_coruna_concello-3.jpgA xunta de Goberno local da Coruña deu luz verde ao proxecto da Ordenanza Reguladora da Administración Dixital, unha iniciativa orientada a mellorar os servizos ofrecidos á cidadanía, ás empresas e ás demais institucións públicas e privadas desde a Administración municipal. Segundo explicou o concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Lage, o proxecto responde ao reto de “adaptar a nosa ordenanza e a nosa organización aos novos tempos, mellorando os servizos ofrecidos á cidadanía, ás empresas e ás institucións públicas”.
Entre outras cousas, inclúese no marco regulamentario a implantación dunha rede de apoio á Administración Electrónica que propón dous tipos de oficinas de atención presencial: unha, de atención cidadá, que asuma as funcións das oficinas de asistencia en materia de rexistro, co obxectivo de “axudar a todas aquelas persoas que precisen de asistencia no manexo dos medios dixitais e o uso da sinatura electrónica, entre outros aspectos”; e, ademais, puntos especializados de apoio para a realización de trámites en determinadas materias, como no caso das actuacións e xestións urbanísticas.
Por outra banda, a creación do arquivo dixital único suporá o almacenamento por medios electrónicos, un proceso seguro e confidencial, dos documentos administrativos que se xeren en procesos desta tipoloxía, así como a correcta xestión e conservación dos mesmos a longo prazo.
Lage engadiu que a ampliación e actualización de servizos da sede electrónica, o rexistro electrónico, o taboleiro de edictos electrónico e demais sistemas e instrumentos do Concello implantaranse e entrarán en funcionamento nun prazo non superior a dous anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?