Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG pon o foco na desinformación cunha nova xornada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG pon o foco na desinformación cunha nova xornada

S. P.
Publicado: 23/02/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ccg_posverdade_consello_cultura_galega_carteis_40ccg-1.jpgO Consello da Cultura Galego, no marco do seu foro Pensar o mundo dende Galicia, vai organizar unha xornada sobre o proceso de desinformación que inza na actualidade as canles de comunicación, tanto as tradicionais como sobre todo as abeiradas ás ferramentas tecnolóxicas. O obxectivo da xornada A información no mundo da posverdade será “analizar o sistema comunicativo actual, o papel da información e os perigos das novas falsas”. Celebrarase o vindeiro 9 de marzo na sede en Raxoi (Santiago) do CCG.
Remedios Zafra (Zuheros, Córdoba, 1973) e Emili Prado (Cospeito, 1953) son as figuras que encabezan esta primeira sesión, que poñerá sobre a mesa a loita profesional e académica contra a desinformación. A xornada está coordinada por Xosé López, desenvolverase o 9 de marzo e ten aberta a inscrición.
A primeira das xornadas do foro está coordinada por Xosé López García, catedrático de Xornalismo, e buscará abordar a cuestión da información no mundo da posverdade. O seu obxectivo é reflexionar arredor do ecosistema comunicativo actual, o papel da información e as distorsións que provoca a desinformación. A xornada está organizada en dúas partes. Na sesión da mañá definirase a situación actual do sistema comunicativo, cos seus principais actores, e analizaranse as diferentes dimensións que introduce a posverdade como porta á reflexión da época actual. Este marco xeral teórico e conceptual chega da man de dúas figuras que recuncan no CCG: Emili Prado Pico, catedrático de Comunicación Audiovisual na Universitat Autònoma de Barcelona, que ofrecerá un relatorio titulado O ecosistema comunicativo actual e a desinformación; e Remedios Zafra Alcaraz, científica titular no Instituto de Filosofía do CSIC, que titula a súa intervención A posverdade como porta á reflexión da época.
Na sesión da tarde, a partir do debuxo e a análise descritos na sesión da mañá, poñeranse sobre a mesa algunhas das principais investigacións realizadas nos últimos anos arredor destas cuestións, así como as diferentes accións que se propoñen para combater a desinformación. A mesa, moderada por Xosé López, contará coa presenza de Clara González Tosat, doutora en Comunicación pola Universidad de Navarra e xestora do proxecto Iberifier; María Isabel Míguez González, profesora titular da Universidade de Vigo; Carlos Elías Pérez, catedrático de Periodismo na Universidad Carlos III de Madrid, e Xosé Rúas Araújo, profesor titular da Universidade de Vigo.
Foro Pensar o mundo dende Galicia
O Consello da Cultura Galega celebra neste 2023 corenta anos promovendo o debate, a pescuda e a creación arredor de diversos eidos do saber, mais tamén sobre cuestións que atinxen os problemas e inquedanzas da sociedade galega no pasado, no presente e no futuro. Este traballo concretouse nun amplo elenco de congresos, debates, xornadas, publicacións e informes. Recollendo o legado do feito na súa historia mais con proxección cara ao futuro, a institución propón un foro de reflexión arredor de cuestións candentes no mundo actual, estruturado en oito xornadas con periodicidade mensual (de marzo a novembro de 2023) nas que se abordarán temáticas moi presentes nas actividades da institución, como a posverdade na información, a economía da cultura, os desafíos para o humanismo das novas tecnoloxías, a calidade da democracia, os retos presentes e futuros do feminismo, o papel do galego nunha sociedade multicultural, a sustentabilidade da economía global e o papel do patrimonio e da paisaxe. Ao longo deste 2023, máis de corenta personalidades do mundo cultural, científico e académico galego, ibérico e mundial daranse cita en Santiago de Compostela para reflexionar, debater e profundar na interpretación dos desafíos desta terceira década do século XXI, con vontade interdisciplinaria e dialogante.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?