Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Ames pon en marcha o laboratorio Ames AV Lab
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Ames pon en marcha o laboratorio Ames AV Lab

S. P.
Publicado: 23/02/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

presentacion_ames_lab3.jpgO alcalde de Ames, Blas García, e mailo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitaron este 22 de febreiro o Espazo Colaborativo A Proa, no Milladoiro, para presentar ás principais empresas do sector o proxecto Ames AV Lab, un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais co que se pretender “impulsar a produción, fomentar o talento emerxente e dinamizar o importante tecido produtivo do sector audiovisual no municipio”.
No acto participaron tamén a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e a técnica municipal María Lloves. Asistiron ao evento varios concelleiros e concelleiras da Corporación municipal así como outros/as técnicos do Concello e da Deputación.
Financiamento de 200.000 euros
presentacion_ames_lab5.jpg O proxecto Ames AV Lab conta cun financiamento de 200.000 euros, dos que 160.000 euros, o 80% do financiamento, son achegados pola Deputación da Coruña, e o 20% restante por parte do Concello de Ames.
Na presentación María Lloves, técnica do departamento de Promoción Económica, foi a encargada de explicar as distintas fases que atravesarán os proxectos que sexan seleccionados para participar no Ames Lab, así como que se lle dará prioridade “ás persoas mozas e ás mulleres, para tratar de diminuír a fenda xeracional e de xénero que existe no noso territorio”.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou a importancia de “dotar de ferramentas ao talento propio para que radique en Galicia, de xeito que permita ilusionar aos nosos creadores e creadoras do eido do audiovisual e isto se acabe traducindo na creación de empregos”. O presidente indicou que “desde a Deputación da Coruña apoiamos o desenvolvemento deste coworking A Proa, un dos 11 da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo que na actualidade xa alberga a 30 emprendedoras e emprendedores que están a facer realidade as súas ideas aquí, no Concello de Ames”.
Pola súa banda, Blas García sinalou que “hai ano e medio, aproximadamente, estabamos inaugurando este espazo coworking para apoiar aos sectores da innovación e do audiovisual. Xa temos trinta proxectos que están aquí instalados, comezando a desenvolverse. Un dos labores máis importantes das administracións é axudar ás persoas que teñen inquedanzas, ao talento que temos nos nosos concellos, e que poidan traballar e poñer en marcha os seus proxectos. Sempre apostamos pola formación. Temos un centro en Aldea Nova, estamos creando un centro multifuncional, e dispoñemos deste espazo colaborativo A Proa, que tamén queremos poñer en valor”.
O laboratorio Ames Av Lab
presentacion_ames_lab4.jpg O Concello, grazas ao apoio económico da Coruña, ten previsto poñer en marcha o proxecto audiovisual Ames Audiovisual Lab, que se concibe como un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais, que busca impulsar a produción, o fomento do talento emerxente e a dinamización do tecido produtivo da provincia. “É un laboratorio que tratará de apuntalar o talento que o audiovisual xa ten conformado, e axudando a crear unha nova xeración de persoas que traballen no audiovisual con vocación innovadora”, explicaron, engadindo que un dos principais cometidos da iniciativa será atraer proxectos que non estean iniciados, e que non teñan data de inicio de rodaxe prevista (curtas, longametraxes, series, narrativas inmersivas, realidade virtual…). Amais, “fomentarase a participación de proxectos que contribúan á incorporación laboral de persoas mozas e mulleres, tratando así de diminuír a fenda xeracional e de xénero que existe no noso territorio”, sinalaron.
As instalacións da Proa serán empregadas como “sede principal”, e búscase ofrecer unha tecnoloxía innovadora que permita planificar a postprodución dende que os proxectos boten a andar, así como que sexa posible facer medicións de audiencia para coñecer as demandas do consumidor. O laboratorio busca tamén que todas as iniciativas que se creen na Proa traballen conxuntamente, de maneira que se creen sinerxias e crezan os proxectos.
No mes de marzo realizarase unha convocatoria para seleccionar 15 iniciativas, que recibirán cobertura de asesoramento por parte de expertos do audiovisual; así como formación, na Ames Audiovisual School, onde se impartirán nocións de diferentes sectores que abranguen todas as partes dos proxectos a desenvolver: creación, produción, postprodución, financiamento, marketing, distribución e dereitos de propiedade intelectual. Así mesmo, tamén se programarán distintos obradoiros sobre temas que demanden os creadores das iniciativas seleccionadas.
No ecuador do proxecto, arredor dos meses de verán, sacarase unha convocatoria de bolsas. Das 15 iniciativas presentadas, serán seleccionadas 7, que xa se atoparán en fase de maduración, e que recibirán unha axuda de 10.000 euros. De xeito paralelo, estarán realizándose no Ames Lab actividades de networking e de formación. A maiores, realizarase o Ames Audiovisual Showcase, unha presentación final de todos os proxectos apoiados, na que se mostrará o traballo realizado a festivais, empresas produtoras, distribuidoras, representantes de mercados… etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?