Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME achega cinco novas accións formativas no punto de inflexión entre febreiro e marzo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME achega cinco novas accións formativas no punto de inflexión entre febreiro e marzo

S. P.
Publicado: 27/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smart_peme-7-2.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do programa de capacitación tecnolóxica SmartPEME, oferta cinco novas formacións para esta semana enmarcadas na carteira de obradoiros para persoas autónomas, pequenas e medianas empresas, profesionais e cidadanía en xeral. As accións formativas, catro delas online e unha presencial na sede de Vigo, tratarán temas como a ciberseguridade e o malware, o vídeo-marketing, as estratexias de mercadotecnia para empresas turísticas, a creación de webs con WordPress e as tendencias de economía dixital.
Os obradoiros en liña darán comezo este luns 27 pola mañá, o obxectivo deste primeiro curso, Ciberseguridade que é o malware, é o de dar a coñecer que tipos de infeccións tecnolóxicas empregan os ciberdelincuentes ou como podemos saber se os nosos dispositivos están infectados. A formación estará impartida por Manuel Freire, experto en Robótica, Programación e Impresión 3D. Nesa mesma xornada, pero pola tarde, celebrarase o obradoiro Vídeo Márketing II-Animacións e GIF feitas con fotografía de produto, guiado pola titulada superior en Ensinos Artísticos e de Deseño, Lara Taboada, no que se amosará, segundo avanza a relatora, “a importancia do contido audiovisual para redes sociais, polo seu dinamismo, facilidade de visualización, viralidade e como alternativa perfecta para comezar a traballar de maneira activa e profesional nos perfís”.
O martes 28 tamén haberá dúas accións formativas online. Pola mañá a postgraduada en Turismo, Patricia Cabaleiro, impartirá Estratexias sinxelas de Márketing para empresas turísticas, no que se ensinará a aplicar algunhas técnicas básicas de mercadotecnia a través dos medios dixitais. Pola tarde, María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, amosará con Crea unha páxina profesional con WordPress I todas as posibilidades que ofrece este CMS, ensinando os pasos para crear un sitio web, aspectos relacionados co deseño e o desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio profesional e optimizado.
O peche a esta semana de formacións será este xoves 2 de marzo, ás 11 da mañá na sede da Deputación en Vigo con Tendencias de Economía Dixital 2023 da man de Manuel Freire. Trátase dunha actividade na que se darán a coñecer as principais tecnoloxías emerxentes para este ano como a creación de imaxes e textos con algoritmos e Intelixencia Artificial. As persoas que participen na acción formativa terán a oportunidade de aproximarse á realidade virtual empregando as aplicacións e experiencias inmersivas que habitualmente se levan a cabo no FabLab de Barro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?