Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dereito, Enxeñaría de Telecomunicación e AtlantTIC acadan o distintivo de igualdade da UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dereito, Enxeñaría de Telecomunicación e AtlantTIC acadan o distintivo de igualdade da UVigo

S. P.
Publicado: 28/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_igualdade_distintivo_0.jpgA Facultade de Dereito, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e o centro de investigación AtlantTIC súmanse á lista de centros da Universidade de Vigo que contan co Distintivo de Igualdade, que obtiveron na terceira edición desta convocatoria. A UVigo conta xa cunha lista de dez centros co recoñecemento: a Facultade de Filoloxía e Tradución, o Centro de Investigación Mariña, a Facultade de Educación e Traballo Social, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, o Centro de Investigacións Biomédicas e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
O Distintivo de Igualdade ten unha vixencia de seis anos e os tres centros seleccionados recibirán un vinilo e unha achega de 3.000 euros para investilos en novas actividades e políticas de xénero. Este outórgase a todos os centros que acaden un mínimo de 80 puntos atendendo a criterios como a inclusión da perspectiva de xénero nos plans de estudo e liñas de investigación e de transferencia, a organización de actividades que contribúan á sensibilización ou o grao de composición paritaria dos órganos de goberno.
Nesta terceira convocatoria o centro con mellor puntuación foi a Facultade de Dereito do Campus de Ourense, que obtivo 89 puntos. A comisión valorou o feito de que tanto nas actividades docentes como en seminarios do centro se aborden contidos relacionados coa igualdade.
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, con 87 puntos, e AtlantTIC, con 86, son as outras dúas candidaturas. En ambos casos, recalca a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, “existe unha longa tradición de persoas moi implicadas, como por exemplo no programa Elas Fan CienTec para o fomento de vocacións STEM entre as mozas”.
A comisión avaliadora, ademais do reitor, Manuel Reigosa, e da directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, estivo formada por catro expertas en igualdade e inclusión: Elisabet Mas de les Valls, docente da Politécnica de Catalunya; Concepción Torres, da Universidade de Alacante; M. Lluïsa Faxedas, da Universidade de Girona e Mar Sobral, profesora da Universidade de Santiago de Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?