Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC concorre á convocatoria das Cátedras en IA do Ministerio deTransformación Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC concorre á convocatoria das Cátedras en IA do Ministerio deTransformación Dixital

S. P.
Publicado: 01/03/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

udc_universidade_coruna.jpgA Universidade da Coruña, coa colaboración de Inditex, concorrerá á convocatoria do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital das Cátedras Universidade-Empresa da Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial (ENIA). O Ministerio, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, lanzou unha convocatoria para financiar 32 cátedras universitarias dedicadas á investigación, divulgación, docencia e innovación sobre Intelixencia Artificial (IA) e ciberseguridade. Para optar ao programa a universidade solicitante deberá participar conxuntamente cunha empresa.
A Universidade da Coruña e a multinacional Inditex chegaron a un acordo de colaboración, que se asinará proximamente, para concorrer conxuntamente a esta convocatoria dentro da área temática de Algoritmos verdes. O acordo recolle que Inditex se compromete a financiar con 300.000 euros o proxecto Cátedra UDC-Inditex de Intelixencia Artificial dentro da dita área temática, o que supón aproximadamente o 30% do custe do proxecto, cun plan de actuación para os vindeiros catro anos, no caso de que a proposta sexa seleccionada e concedida. Esta Cátedra está orientada a potenciar as actividades formativas, de investigación e de transferencia de coñecemento no ámbito da IA en Algoritmos verdes.
A participación da UDC na convocatoria de Cátedras de Intelixencia Artificial é consecuencia da declaración de interese presentada pola Universidade dentro da convocatoria de manifestación de interese sobre algoritmos verdes do Ministerio de Economía e Transformación Dixital do 15 de outubro de 2021.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?