Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 60 empresas déronse cita en Santiago para abordar os retos do sector financeiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 60 empresas déronse cita en Santiago para abordar os retos do sector financeiro

S. P.
Publicado: 01/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galicia_finance_date_2023._3.jpgA Asociación para o Progreso da Dirección (APD), en colaboración con Abanca, Okticket, KPMG e o Instituto Español de Analistas (IEA) celebraron este 28 de febreiro, en Santiago de Compostela, a segunda edición do Galicia Finance Dáte, nova convocatoria dun encontro moi centrado no fenómeno fintech (onde conflúen banca e transformación tecnolóxica) e nas novas tendencias e servizos do sector.
galicia_finance_date_2023._4.jpg Ana Sánchez, directora da zona noroeste de APD e Daniel Fraga, socio responsable de KPMG en Galicia, realizaron a benvida do encontro. O mesmo continuou coas intervencións de Javier Santacruz, economista e analista financeiro, experto do Instituto Español de Analistas, e Miguel Á. Vázquez, presidente do Consello Galego de Economistas, quen analizou a nova contorna económica-financeiro en España e en Galicia. Ambos coincidían en que nos atopamos nun momento inflacionista e de desaceleración, “onde é importante a retención do talento e aproveitar as oportunidades dos Fondos Next Generation”.
galicia_finance_date_2023.jpg A sesión continuou coa intervención de Nélida Alonso, xerente circulante especial de Abanca quen apuntou a importancia de entender aos provedores para contar con procesos máis optimizados.
Diego Comendador, responsable de Deal Advisory de KPMG en Galicia, analizou as claves financeiras na contorna actual, incidindo na importancia de “focalizarse na xestión eficiente dos recursos para lograr a excelencia operativa”.
galicia_finance_date_2023._2.jpg O encontro concluíu cunha mesa redonda nas que se abordou como xerar valor desde a función financeira, moderada por Usoa Calderón, especialista de negocio da aplicación informática OKTicket. Nela participaron Alejandro Álvarez, director financeiro de Cafés Candelas, Jesús Caeiro, director de control de xestión de FINSA e Alejandro Faginas, director financeiro (CFO) de Netex. Os tres coincidían na importancia de “mellorar os procesos para ser máis eficientes” e, tamén, na dificultade, nalgúns casos, de poder medir o retorno destas melloras. Preguntados polos retos e a evolución da figura do director financeiro, apuntaban á importancia de contar “cunha boa capacidade de adaptación”. Alejandro Álvarez comentaba que “temos que desaprender para abordar todas as transformacións que nacen no día a día”. Jesús Caeiro, destacaba que: “un bo director de control de xestión ten que entender o funcionamento da organización para poder poñer en marcha novos proxectos”. Pola súa banda, Alejandro Faginas, CFO de Netex coincidía en que “o director financeiro hoxe ten que estar en todos os ámbitos para que a organización non quede atrás”.
Tras a mesa redonda, Ana Sánchez, directora da zona noroeste de APD, despedía esta segunda edición do foro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?