Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ames bota man dos novos formatos no seu programa de inmersión lingüística no galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ames bota man dos novos formatos no seu programa de inmersión lingüística no galego

S. P.
Publicado: 02/03/2023
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

ames_21_dias_galego_modo-galego-aula-sinatura-acordo-ventin.jpgArredor de tres mil nenos e nenas que cursan o segundo ciclo de Infantil e Primaria no municipio de Ames están a participar dende esta semana no proxecto de inmersión lingüística creado pola Real Academia Galega e o Concello, no marco de Modo galego, actívao! O programa promove toda unha serie de actividades e reflexións para normalizar o uso do idioma non só no día a día nas escolas, tamén nas actividades extraescolares, de lecer, tempo libre e conciliación familiar xestionadas a través da administración local. A iniciativa conta con blog de seu e inclúe un programa extenso de actividades nas redes sociais e botando man dos contidos audiovisuais e dos videoxogos.
A experiencia de inmersión lingüística estase a desenvolver na Escola de Educación Infantil do Milladoiro, as escolas unitarias de Covas e da Igrexa e os colexios de Barouta, A Maía, Ventín e Agro do Muíño. Durará tres semanas e inspírase en 21 días co galego (a iniciativa de inmersión lingüística iniciada no IES da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte, e agora amplificada a máis centros da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística), pero coa particularidade de “anticipar a experiencia ás primeiras etapas educativas e implicar, por primeira vez, todos os colexios dun mesmo concello a un tempo e estenderse ao conxunto de actividades educativas, complementarias e extraescolares de xestión local”, explicou o Concello de Ames.
O que se pretende acadar é “o compromiso entre o alumnado, o profesorado, o monitorado dos servizos complementarios e outros traballadores e traballadoras dos centros educativos de empregaren o galego durante, polo menos, tres semanas seguidas, buscando tamén a complicidade das familias”. E para facilitar o obxectivo, estanse a desenvolver toda unha serie de experiencias que, no caso das destinadas aos nenos e nenas, son dun marcado carácter lúdico. “Penso que o feito de que o que se lles propoña sexa divertido é fundamental, que non o vexan como os deberes, senón como unha actividade diferente e voluntaria que lles permite ademais acadar un premio”, reflexiona Javier Cacheiro.
Segundo fixo saber Enrique Gil, responsable do equipo de dinamización lingüística do CEIP de Ventín, a resposta das crianzas está a ser “exemplar”. Así, as nenas e nenos fan serios esforzos por falar en galego e autocorrixirse. “Cada día teñen que reflexionar sobre a experiencia e autoavaliarse cun semáforo, e avalíanse con moita esixencia, paréceme unha proposta moi interesante porque promove a concienciación lingüística e porque se basea en actividades moi novidosas”.
Da diagnose á acción
Con Modo galego, actívao! a Real Academia Galega e o Concello de Ames pasan do diagnóstico á acción. O programa dálle continuidade ás investigacións do Seminario de Sociolingüística neste municipio que deron lugar á publicación A lingua no CEIP Agro do Muíño (2018) e ao Mapa sociolingüístico escolar de Ames (2021), no que se detecta unha perda do 10 % de galegofalantes iniciais xa no primeiro contacto co medio educativo na etapa infantil. Esta porcentaxe vai medrando nos sucesivos cambios de ciclo ata cifras extremadamente preocupantes: na Secundaria só o 11 % do alumnado é galegofalante e outro 11% bilingüe, fronte a un 77 % de falantes habituais de castelán, a maioría deles monolingües.
“É o momento de actuar e de sumar forzas entre as diferentes administracións e institucións implicadas”, salienta a concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín. “Somos plenamente conscientes da situación sociolingüística nos centros escolares do municipio. É por isto que é urxente poñer en marcha intervencións coa finalidade de reverter a situación da nosa lingua entre a poboación máis nova e de garantirlles ás nenas e aos nenos o dereito a usar con normalidade a lingua que nos identifica como galegos e galegas”, expresa.
O proxecto conta cun blog que orienta o profesorado sobre que facer cada día, cada semana. Nestes primeiros sete días, a atención temática céntrase no audiovisual, a música, as redes sociais e os videoxogos e cada aula pode elixir realizar dobraxes divertidas de películas, pequenos vídeos sobre calquera tema curioso baseada na linguaxe de espazos coma Youtube e Tik Tok ou ben compoñer unha canción de música urbana en galego, detalla Gabino Vázquez-Grandío, técnico do Seminario de Sociolingüística da RAG. “Nas aulas de infantil a experiencia estase centrando polo momento en traballar co léxico, por campos semánticos”, engade.
A RAG e o Concello buscan ademais a complicidade das familias, con propostas para a fin de semana. Este venres 3 de marzo proporáselle ao alumnado un tema para que grave en formato podcast unha breve reflexión persoal. Nos primeiros días da semana seguinte, o profesorado fará unha escolma para remitila ao Seminario de Sociolingüística. Coincidindo co desenvolvemento do programa 21 días co galego, a emisora municipal, Ames Radio, emitirá tres programas especiais sobre dito proxecto os xoves 2, 9 e 16 de marzo.
Alén do programa de inmersión que se estenderá ata o 20 de marzo, Modo galego, actívao! ofrecerá ao longo dos vindeiros meses accións formativas e de sensibilización para o profesorado, os educadores, o persoal auxiliar e o monitorado das actividades complementarias. Prestaráselles tamén asesoramento ás empresas subcontratadas que se encargan das actividades complementarias, acompañarase os colexios na revisión dos proxectos lingüísticos de centro e facilitaráselles a todas as partes material didáctico e apoio á formación. Modo galego, actívao! desenvólvese co financiamento da Deputación da Coruña e do Fondo Xacobeo da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?