Este martes, 28 de febreiro, celebrouse no Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña unha nova sesión dos Almorzos TIC Talk, nesta ocasión mostráronse as liñas de investigación nas que traballan Elsa Martín de Arribas e Mateo Gende Lozano, os dous centrados no que se coñece como eSaúde (onde conclúen tecnoloxías avanzadas e investigación e atención médica).
Pola súa banda, o investigador Mateo Gende Lozano, coa súa charla Diagnóstico oftalmolóxico e oculómica a través da IA, falou da súa investigación centrada no uso da IA con métodos de aprendizaxe multitarefa na precisión dos diagnósticos de doenzas oculares a través da análise de imaxes da membrana epirretiniana.
Os Almorzos TIC Talk reúnen o último martes de cada mes ao persoal investigador do CITIC que se atopa nas primeiras estadías da súa carreira investigadora, coa finalidade de potenciar a transversalidade e promover posibles colaboracións.
Diferentes vertentes da eSaúde serviron de fío temático ao un novo Almorzo TIC Talk
Compartir Este Artigo

