Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago desprega un Centro de Operacións de Seguridade que se coordinará coa rede nacional de SOCs
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago desprega un Centro de Operacións de Seguridade que se coordinará coa rede nacional de SOCs

S. P.
Publicado: 02/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

concello_santiago_marta_abal.jpgO Concello de Santiago comezou a dar corpo a un Centro de Operacións de Seguridade (SOC) para protexer comunicacións, datos e infraestruturas e achegar detección e respostas rápidas e eficaces perante ciberincidentes. Esta iniciativa integrarase na Rede Nacional de SOCs, impulsada polo Centro Criptolóxico Nacional, rede que integra e coordina a cooperación e o intercambio de información entre estes centros a nivel nacional.
Segundo salientou Marta Abal, concelleira de Economía, Facenda, Contratación, Persoal e Modernización da Administración Local, esta rede nacional fai posible unha “análise en tempo real da súa actividade e da súa capacidade de resposta automática entre comportamentos estraños ou tráficos atípicos”; así como “unha mitigación dos riscos e unha retroalimentación ao contar con toda a base de datos, coñecemento e solucións da Rede Nacional de SOCs”.
Tamén permite, engadiu Marta Abal, “a automatización de solucións de seguridade en base á experiencia adquirida nos distintos SOCs da Rede Nacional; ao darse unha monitoraxe continua dos sistemas para detectar ameazas, ben por ciberataques ou por buratos na infraestrutura”.
Tamén leva incorporadas outras funcións, como son as ferramentas de simulación de ataques para educar as posibles respostas das persoas usuarias.
Este Centro de Operacións e Seguridade do Concello de Santiago terá diversas funcións, entre as que se destacan as seguintes:
– O intercambio automático e fluído de incidencias online coa Plataforma Nacional de Notificación e Seguimento de Ciberincidentes mediante a implantación e operación da ferramenta de xestión de incidentes LUCIA do CCN-CERT que operará en modo federado co da Plataforma Nacional.
– A implantación das tecnoloxías necesarias que permitan a vixilancia do perímetro e da rede interna, implantando as tecnoloxías dispoñibles no Catálogo de Produtos de Seguridade das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CCN-STIC 105), ou facendo uso dos sistemas de alerta despregados polo CCN-CERT.
– Despredura da ferramenta microClaudia do CCN-CERT en toda a organización. MicroClaudia é unha capacidade baseada no motor Claudia que proporciona protección contra código malicioso de tipo ransomware aos equipos dun organismo. Para isto, utiliza un axente lixeiro para sistemas de Windows, que se encarga do despregue e execución de vacinas.
– Capacidade de recolección e correlación básica dos rexistros de rastrexabilidade (logs) necesarios para a vixilancia (mediante produtos recollidos no catálogo CCN-STIC 105).
Esta acción está incluída na convocatoria 2021 de subvencións para proxectos de modernización de dixitalización no ámbito das administracións das entidades locais (Orde TER/1204/2021), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
Da Rede Nacional de SOCs forman parte todos os SOCs nacionais do sector público español, así como aquelas empresas que prestan servizos de seguridade xestionada e que ofrecen servizos aos centros que solicitaron formar parte da rede.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?