Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha a oficina de transformación tecnolóxica de Ponteceso para pemes coruñesas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha a oficina de transformación tecnolóxica de Ponteceso para pemes coruñesas

S. P.
Publicado: 03/03/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

valentin_gonzalez_oficina_acelera_peme_ponteceso.jpgO presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, visitaron na mañá deste 1 de marzo a nova Oficina Acelera PEME da localidade, onde participaron na clausura e no café-networking dun obradoiro de mercadotecnia dixital destinado a pequenas e medianas empresas e emprendedores, un obradoiro que foi, por certo, a primeira actividade que acolle o novo centro, impulsado pola entidade provincial en colaboración co Concello.
Formoso destacou que o obxectivo desta oficina, creada pola Deputación cun investimento de 468.000 euros co-financiado co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, é “impulsar a transformación dixital das pequenas empresas dos 93 concellos da provincia e facelo ademais desde Ponteceso, demostrando que é posible crear actividade a axudar a frear o despoboamento do rural”.
Segundo comentou o presidente, “impulsar a dixitalización é clave para lograr que as empresas se asenten tamén en municipios pequenos e contribúan a creación de emprego e oportunidades para a xente moza, en definitiva a loitar contra o despoboamento”. No mesmo sentido, destacou que a Deputación instalou a oficina Next Deputación, “a primeira creada en Galicia para apoiar a empresas e concellos na captación e xestión dos fondos europeos Next Generation” na Capela, un pequeno municipio rural de 1.300 habitantes da comarca de Ferrolterra. Un modelo que, segundo dixo, xa están empezando a replicar agora outras administracións.
Formoso agradeceu o ofrecemento do alcalde, Lois García Carballido, para que Ponteceso acollera a sede desta nova Oficina Acelera PEME. “Ademais de presidente da Deputación eu son tamén alcalde dunha poboación pequena, polo que compartimos esa sensibilidade. Sabemos que desde os concellos pequenos tamén podemos contribuír a mellorar Galicia”, afirmou.
lois_e_valentin_oficina_acelera_peme_deputacion_coruna.jpg Pola súa banda, o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, agradeceu a confianza da Deputación para instalar a nova oficina no Polígono de Tella, “un dos máis dinámicos da comarca”, e ofreceu a colaboración do Doncello “para que se consolide como nun referente en canto ao seu funcionamento” ao tempo que agradeceu á Asociación de Empresarios do Parque de Tella que preside José Ramón Pombo Imia “a súa colaboración esencial para a instalación desta oficina provincial en Ponteceso”.
A Oficina Acelera PEME
A Oficina Acelera PEME da Deputación da Coruña dá soporte e asesoramento aos 93 concellos da provincia desde a sede da Asociación de Empresarios do Polígono de Tella. Os principais obxectivos desta oficina son “sensibilizar as pemes, persoas autónomas e emprendedoras das zonas rurais da Coruña sobre as vantaxes da dixitalización e fomentar a demanda tecnolóxica, dándolles a coñecer as diferentes tecnoloxías TIC; prestar apoio técnico para a obtención de axudas locais, rexionais e nacionais; potenciar o proceso de dixitalización a través de resolución de dúbidas e asesoramento personalizado e servir como punto de encontro de oferentes e demandantes de tecnoloxía para o desenvolvemento de accións de transformación dixital”.
A intención é “que todas as pemes, microempresas e profesionais autónomos/as da provincia teñan ao seu alcance a súa transformación dixital das súas empresas e adaptación ás novas necesidades dun mercado en continúa evolución”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?