Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia contará coa tecnoloxía máis avanzada de Europa en simulación de tráfico con drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia contará coa tecnoloxía máis avanzada de Europa en simulación de tráfico con drons

S. P.
Publicado: 06/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uspace_rozas_lugo_isabel_rodriguez.jpgA subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, estivo este luns 6 de marzo na presentación dos simuladores U-Space incorporados ao Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR), incorporación da que falamos dende Código Cero poñendo o foco na participación da axencia autonómica GAIN neste reforzamento tecnolóxico, co que se busca experimentar con UAV (vehículos aéreos non tripulados) para ampliar as súas posibilidades en materia de tráfico aéreo. Rodríguez, pola súa banda, fixo fincapé na participación do Goberno estatal. Segundo fixo saber en relación a estes simuladores, o Ministerio de Ciencia e Innovación, a través do CDTI, investiu 10,9 millóns nunhas novas solucións innovadoras en Galicia que “situarán a Lugo na vangarda do sector aeroespacial de Europa”.
Grazas a estes fondos, dixo, a nosa Comunidade vai contar a partir de agora coa tecnoloxía máis avanzada de Europa na simulación de contornas de xestión de tráficos de drons, incluíndo a interacción con contornas ATM.
Os prototipos presentados entregáronse ao CIAR no marco do convenio entre o CDTI e a Xunta. O seu obxectivo, lembrou Rodríguez, é “proporcionar un sistema interoperable e aberto para a xestión estratéxica e táctica de continxencias, a xestión da seguridade operacional, a xestión do tráfico aéreo en operacións UTM (xestión de tráfico non tripulado) e a súa integración con ATM (xestión de tráfico aéreo)”.
Segundo engadiu, as solucións innovadoras foron desenvolvidas por Indra Sistemas e Boeing Aerospace Spain e contaron cun orzamento total do proxecto de 10,90 millóns de euros, dos cales un 20% foi achegado de forma directa polo CDTI e o 80% restante foi co-financiado con Fondos FEDER 2014-2020. Nos equipos de desenvolvemento, os proxectos contaron coa participación de subcontratistas como Enaire, Airbus, Fada-Catec, Crida, Aslogic, UPM, Gradiant, Centum, ITG (Instituto Tecnolóxico Galicia), Everis, CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) ou Universidade de Vigo.
En concreto, os proxectos en desenvolvemento achegan propostas tecnoloxicamente innovadoras que:
• Conterán elementos que permitirán analizar o impacto das condicións nas comunicacións, o tráfico, os sistemas de navegación, a climatoloxía ou o terreo.
• Permitirán a reguladores e operadores económicos avanzar nos procesos de certificación e estandarización, á vez que reducirá os custos e facilitará a experimentación de novas solucións.
• Proverán das capacidades necesarias para xerar escenarios de simulación en contornas de mobilidade aérea avanzada no que coexistan vehículos aéreos de capacidades diversas.
• Permitirán avaliar como se poderá xestionar o fluxo de tráfico U-Space en contornas urbanas, e tamén os diferentes sistemas e servizos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?