Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Polo Aeroespacial incorpora dous simuladores U-Space para impulsar a experimentación con UAV
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Polo Aeroespacial incorpora dous simuladores U-Space para impulsar a experimentación con UAV

S. P.
Publicado: 06/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

polo_aeroespacial_06032023_conde_rozas_1.jpgO Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR), emprazado en Castro de Rei (Lugo), acolleu este luns 6 de marzo a entrega dun equipamento avanzado co que reforzar o Polo Aeroespacial de Galicia, impulsado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Consellería de Economía. Este equipamento consiste en dous novos simuladores U-Space para o CIAR, que van permitir dar resposta a moitos dos retos que na actualidade ten o regulamento de voos con aeronaves non tripuladas (UAV polas súas siglas en inglés). Así o fixo saber o conselleiro (e vicepresidente primeiro da Xunta) Francisco Conde, quen engadiu que se trata “dunha infraestrutura única en España e na contorna europea dirixida á experimentación con este tipo de aparellos aéreos”.
No acto de entrega deste equipamento, Conde asegurou que “estamos demostrando que en Galicia temos este ecosistema de colaboración tanto desde o punto de vista industrial como tecnolóxico que nos está poñendo á vangarda dun sector enormemente competitivo no que Galicia e España se queren posicionar, e con este tipo de proxectos vinculados á Compra Pública Percomercial estámolo conseguindo”, dixo.
polo_aeroespacial_06032023_conde_rozas_2.jpg O vicepresidente económico salientou que os dous simuladores foron desenvolvidos por medio dun contrato de Compra Pública Precomercial que lanzou o CDTI por un importe conxunto que suma 12,5 millóns de euros e que lle foron asignados a Indra e Boeing, xunto cun equipo de centros tecnolóxicos e outras empresas galegas e do resto de España.
Ademais dos novos simuladores, Conde avanzou que “nas instalacións do Polo Aeroespacial de Galicia instalarase tamén unha infraestrutura de telecomunicacións 5G e outra de ciberseguridade”. Estes equipamentos, apoiados pola Administración autonómica, fóronlle adxudicados a Telefónica e GMW Aerospace & Defence por un importe total de 3,6 millóns de euros.
Segundo lembrou o conselleiro, a través da Compra Pública Innovadora, a Xunta de Galicia “xa incorporou o uso de vehículos aéreos non tripulados a servizos públicos como o control monitoraxe do territorio, de pragas forestais e da auga, cun orzamento de case 3 millóns de euros”.
A día de hoxe, engadiu, o programa de solucións que se desenvolve no Polo Aeroespacial de Galicia “traballa en poder empregar esta tecnoloxía na atención sanitaria urxente no Camiño de Santiago, o seguimento e control de zonas forestais para a prevención e extinción de incendios, e na inspección e vixilancia pesqueira, cun investimento que ascende a 6,3 millóns de euros”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?