Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Servizo de Normalización Lingüística da USC premiará nun certame o uso do galego como lingua científica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Servizo de Normalización Lingüística da USC premiará nun certame o uso do galego como lingua científica

S. P.
Publicado: 06/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usc_vemolo_nos_certame.jpgO galego como lingua científica, esa é a meta que persegue a primeira edición do concurso de vídeos Vémolo Nós, que quer promover a produción e difusión de vídeos curtos e orixinais co gallo de animar a empregar a nosa lingua como canle de divulgación científica e arquivo de materiais audiovisuais útiles para a docencia no eido universitario.
Será o vindeiro 17 de maio, a data límite para que as persoas interesadas en participar neste certame (dentro da comunidade universitaria deste curso 2022-2023), poidan presentar a súa solicitude a través do Rexistro Electrónico da Sede Electrónica da USC mediante o procedemento Solicitude xenérica e de acordo cos requirimentos establecidos na convocatoria.
Facer que a comunidade universitaria teña como referentes produtos audiovisuais de calidade á súa disposición que sirvan de modelo para a creación deste tipo de materiais; coñecer a historia da USC a través das figuras e dos fitos que deixaron pegada na súa traxectoria; e, por último, conseguir que se amose a utilidade do galego na futura vida laboral dos universitarios e universitarias son outras das metas que o Servizo de Normalización Lingüística da USC persegue con esta iniciativa.
Indo ao certame en cuestión, nel entregaranse tres galardóns correspondentes ás categorías de: Divulgación de Coñecemento, Descubrindo a USC e A utilidade do galego, dotados cada un deles con 1.500 euros. Na primeira das modalidades, os vídeos deben achegar explicacións, aproximacións ou referencias a un asunto científico ou académico de maneira que poida ser accesible de xeito claro. En Descubrindo a USC, teñen cabida aqueles traballos que se acheguen á USC e á súa historia. No apartado, A utilidade do galego valoraranse aquelas pezas audiovisuais que amosen a utilidade do idioma galego no futuro profesional.
Cada vídeo presentado deberá empregar a lingua galega e poderá estar subtitulado a outros idiomas. Pódese participar tanto de maneira individual coma en grupo e os traballos presentados deben ser inéditos e orixinais. O vídeo terá unha duración de menos de cinco minutos en formato de 16:9.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?