Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega a 10ª edición do Carballo Interplay promovendo os contidos dixitais feitos en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega a 10ª edición do Carballo Interplay promovendo os contidos dixitais feitos en Galicia

S. P.
Publicado: 07/03/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

carballo_interplay_1_2023_logo.jpgSerán os días 29, 30, 31 de marzo e 1 de abril cando teña lugar a décima edición do Carballo Interplay, que desta volta quer render homenaxe a unha década de talento galego ao mesmo tempo que busca pór en valor os contidos dixitais dende Galicia e en galego, xa sexa en redes sociais coma Twitter, Youtube, Twitch ou Tiktok, no eido audiovisual ou en formato podcast.
Indo xa ao Carballo Inteplay, sinalar que os contidos galegos protagonizarán as xornadas do mércores 29 e o xoves 30 de marzo, que contarán con actividades coma a gravación en directo do podcast Petiscos no Derby, a estrea do espectáculo Dando a turra, o repaso á historia da internet galega con María Yáñez en O outro lado da pantalla, a exhibición de iniciativas que optarán ao premio de Mellor proxecto de serie web e a estrea en exclusiva do proxecto gañador na anterior edición.
carballo_interplay_2-2.jpgO festival comezará o mércores 29 de marzo ás 11:00 co acto de apertura e a entrega de premios de Dinoescolas. O certame Dinosaurio Escolas ten como obxectivo a incentivación da creación de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega para a súa difusión por internet mediante a creación de capítulos da serie Dinosaurio.
No acto de apertura do festival, ademais de contar con distintas personalidades e explicar brevemente a programación desta edición, proxectarase os Dinosaurios para que todo o mundo poida ver as súas creacións na gran pantalla e terá lugar a entrega de premios.
Ás 12:00 comezará Dando a turra, un talkshow creado por Belén Puime e Uxía Vázquez, con convidadas sorpresa. A intención deste programa é falar con distintas personalidades da mocidade galega sobre un futuro adulto que cada vez está máis preto, así como tentar dar resposta a preguntas do tipo: Como vai afrontar esta xeración ser adultos funcionais?; Que cambios debería haber no eido laboral?; É a Xeración Z unha xeración de cristal?
As creadoras son Belén Puime, creativa na produtora Unicorn Content, e Uxía Vázquez, creadora do podcast Falar sen saber, e definen este espectáculo como “unha charla que ben podería darse nun bar ou no baño dunha discoteca barata”.
No xoves 30 de marzo, levarase a cabo a presentación dos Dinosaurios, para dar a coñecer o proxecto ante un público formado por varios centros educativos galegos.
carballo_inteprlay_3.jpgA continuación, ás 12:00, a creadora cultural María Yáñez proporá en directo, a través da súa experiencia persoal, unha viaxe dende os inicios da internet galega deica as portas da chegada das redes sociais. O outro lado da pantalla será un repaso a como chegaron as primeiras conexións nos anos 90, as primeiras webs en galego, os primeiros medios dixitais e as primeiras plataformas sociais de contido.
A última actividade da mañá é a emisión en directo de Petiscos no Derby, edición especial do podcast Café Derby 21, creado por Carme D. Prol, Adrián Lede e Nico Carreira. Esta creación sonora nace de conversas na cociña dun piso de estudantes e busca analizar a actualidade da cultura galega.
Nesta ocasión estarán acompañados de creadores de contido como as tiktokers Totakeki, Meryfos e Sara Seco, e as creadoras do programa Todo Mal, Carla Núñez e Marcos López (autor tamén do proxecto satírico Telejaita).
carballo_interplay_4.jpgEsa mesma tarde, continúa o talento galego co pitching de proxectos de serie web en galego, a partir das 18:30. Os finalistas do certame presentarán os seus proxectos ante un xurado especializado que decidirá que proposta levará 3.000 euros para financiar a súa obra.
Logo, ás 20:00, terá lugar a estrea en exclusiva do proxecto que foi seleccionado o ano pasado, Mentres non chova, unha obra creada por Carla Mojón, Xiana Rei Martiz e Luiza Velizarova. A webserie trata unha realidade distópica na que un malvado empresario busca instalar unha cúpula xigantesca que protexa toda Galicia da chuvia, para así aumentar os seus beneficios económicos.
O talento galego non só estará sobre o escenario, este ano o Carballo Interplay decidiu colaborar directamente con A Cousa, un medio nativo dixital creado en 2021 por xente nova da Xeración Z que estará narrando o festival en directo. O seu equipo está formado por Isabel Gutiérrez, Xulia Lomba, Yaiza López e Aida Vilariño.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?