Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega ao seu remate o cableado con fibra óptica do centro histórico de Monforte de Lemos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega ao seu remate o cableado con fibra óptica do centro histórico de Monforte de Lemos

S. P.
Publicado: 07/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

despliegue_adamo_3_-2.jpgMonforte de Lemos acadou nestes comezos de 2023 un histórico fito tecnolóxico: o cableado integral con fibra óptica do seu centro histórico. En concreto, 1.650 familias desta contorna urbana contan xa coa conexión de alto rendemento que proporciona por Adamo, con ata 1.000 Mb de velocidade.
A despregadura, recentemente concluída, foi executada para a dita empresa de telecomunicacións pola operadora galega neutra Rede Aberta, colaboradora de Adamo na zona. Grazas a este traballo conxunto, ademais de expandir un servizo clave, Adamo quixo “fomentar o crecemento económico en Monforte de Lemos, así como a contratación de profesionais e técnicos locais”.
Fibra óptica en 2.250 fogares monfortinos
A presenza da compañía non é nova no concello, posto que 600 vivendas situadas fóra do centro histórico tiñan previamente Internet ultrarrápida fornecida por Adamo. Así, son 2.250 inmóbeis de Monforte os que, en total, benefícianse da infraestrutura asentada pola empresa.
Espallamento no sur de Lugo
Este paso de xigante no concello enmárcase no ambicioso plan de expansión que Adamo está a desenvolver no sur da provincia. Para empezar, os 2.600 domicilios xa cableados na Ulloa, Chantada e Terra de Lemos. Para continuar, o crecemento seguirá nas tres comarcas: na primeira, en Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei; na segundo, nos municipios de Chantada, Taboada e Carballedo; mentres que, na terceira, o operador engadirá Bóveda e A Pobra do Brollón. “Pero aínda haberá máis, dado que a comarca de Quiroga ampliará o cableado cara ao sueste de Lugo”, explicaron fontes de Adamo.
Adamo, en 70.000 fogares da provincia
Así mesmo, o operador acumula máis de 70.000 vivendas cableadas en 35 concellos lucenses desde mediados de 2018 ata o de agora. Para sufragar estes traballos, Adamo investiu 20 millóns de euros e contratou a 300 traballadores locais en enxeñería, despregadura, mantemento e comercialización.
Máis de 100.000 en dous anos
“Este crecemento non se detén”, explicou a compañía de telecomunicacións, lembrando que resultou adxudicataria da última convocatoria de axudas estatais e comunitarias para a instalación desta infraestrutura no territorio. En virtude do orzamento público-privado resultante do Programa Único, de 17,5 millóns, Adamo levará Internet ultrarrápido a 33.000 fogares rurais de Lugo entre 2023 e 2024 para sumar máis de 100.000 inmóbeis conectados á súa rede de alta velocidade no conxunto da provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?