Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra dota a 14 concellos da provincia de tótems turísticos interactivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra dota a 14 concellos da provincia de tótems turísticos interactivos

S. P.
Publicado: 09/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tourist-inside-meis-2.jpgA Deputación de Pontevedra vén de dotar a 14 concellos turísticos da provincia de cadanseus tótems interactivos que proporcionan información turística en tempo real do destino ás e aos visitantes. A instalación fíxose ao abeiro do proxecto europeo Tourist Inside. Atópanse en Nigrán, Meis, Poio, Cuntis, Caldas de Reis, Cambados, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Baiona, A Guarda, Salvaterra de Miño, Silleda e Pontevedra, todos eles concellos con oficinas de información turística adheridas á Rede Info Rías Baixas da institución provincial.
A deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, visitou os elementos que veñen de ser instalados en Poio, concretamente na praza da Chousa de Combarro, e en Meis, no Mosteiro de Armenteira, a través dos cales proporcionarase información ás persoas visitantes sobre os puntos de afluencia turística. Estes equipamentos, ademais, servirán para achegarao destino información relevante para a planificación e toma de decisións relativa ás buscas que as e os turistas fan, a afluencia de visitantes ou a posible orixe das e dos mesmos, tendo en conta para iso o idioma que empregan.
tourist-inside-poio-2.jpgOs tótems informativos complementan os que se instalaron xa o pasado verán ao abeiro de Tourist Inside no interior das oficinas de turismo dos 14 concellos. Este proceso formou parte dun impulso provincial de dixitalización, que incluíu tamén a posta en marcha doutros sistemas interactivos como videowalls, monitores ou tabletas. Ademais, dotouse ás oficinas de ferramentas para garantir a accesibilidade, como audio-guías con linguaxe de signos, impresoras Braille ou puntos de información bucle magnético.
Por outra banda, no marco deste programa europeo, converteuse a praia América, en Nigrán, nunha Smart Beach empregando a intelixencia e a transformación dixital para garantir un turismo sustentable.
O obxectivo de Tourist Inside, que conta cun orzamento de 1.108.280 € e está financiado ao 60% por Red.es a través de fondos FEDER e ao 40% pola Deputación, é “transformar o territorio nun destino intelixente”. Ademais, busca mellorar a eficiencia enerxética e reducir a pegada de carbono asociada á actividade turística, fomentar a interoperabilidade coas distintas administracións e axentes, promover o acceso transparente e universal aos datos públicos do servizos, implantar ferramentas e sistemas baseados en estándares interoperables, impulsar métricas de medición da satisfacción da cidadanía e ao dos e das súas visitantes, o aforro de enerxía e a redución da pegada de carbono e xerar riqueza na contorna turística da provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?