Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Política Lingüística presenta en Cacabelos (León) a web ogalegonobierzo.org
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Política Lingüística presenta en Cacabelos (León) a web ogalegonobierzo.org

S. P.
Publicado: 09/03/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

bierzo_galego_politica_linguistica.jpgO secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este xoves 9 de marzo, na localidade leonesa de Cacabelos, na XV edición das Xornadas Martín Sarmiento, organizadas no marco das celebración do Día do Galego no Bierzo pola Comisión Cultural Martín Sarmiento co apoio da Xunta de Galicia e da Junta de Castela e León, entre outras entidades. García quixo agradecer un ano máis “a estreita colaboración institucional na consolidación dun proxecto tan comprometido coa diversidade cultural e lingüística como é o Programa de Promoción do Galego no Bierzo e Sanabria, que reforza os vencellos históricos existentes entre Galicia e Castela e León”. No acto celebrouse a presentación da web ogalegonobierzo.org.
O secretario xeral tamén salientou que ao abeiro deste programa “xa son 1.173 persoas as que estudan o galego de forma oficial en León e Zamora, o que supón un incremento de 58 alumnos e alumnas respecto ao curso anterior”. En relación ao milleiro de estudantes que participaron na xornada dixo tamén que “cada ano somos máis os que nos reunimos aquí co gallo de mostrar a nosa aposta pola lingua”.
A xornada festiva iniciouse no Marca de Cacabelos, onde se deu cita o alumnado dos centros leoneses de secundaria e da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada adscritos ao Programa de promoción do galego no Bierzo e Sanabria. Alí tiveron un encontro co colectivo cultural Filandón Berciano, que lles expuxo o seu traballo en actividades relacionadas co patrimonio inmaterial do Bierzo.
De seguido, alumnado e autoridades trasladáronse ao Cine Faba, tamén en Cacabelos, onde se uniu a rapazada de Primaria para asistir á entrega de galardóns da III edición do Premio Morales que, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, promove a creatividade artística e literaria en lingua galega dos escolares ao tempo que homenaxea ao autor berciano Antonio Fernández Morales, precursor da escrita en lingua galega en Castela.
O acto central, que estivo amenizado por unha actuación de Pakolas tamén incluíu unha homenaxe ao autor Antonio Peneira, co gallo do centenario do seu nacemento en Vilafranca, a presentación da páxina web ogalegonobierzo.org e o anuncio da convocatoria da IV edición dos Premios Morales. Respecto da dita páxina en liña, trátase dun sitio posto en marcha a través dunha colaboración entre Política Lingüística e Edicións Positivas no que se debulla de xeito pormenorizado a presenza da nosa lingua na chamada quinta provincia, achegando aos lectores á biografía de Antonio Fernández y Morales e aos recursos dos que poden botar, tradicionais e dixitais, para afondar no seu coñecemento do galego.
Xa pola tarde, a celebración trasladouse de novo ao salón de actos do Marca, onde tivo lugar unha mesa de debate, baixo o epígrafe As arelas de Sarmiento, na que participaron docentes e membros das administracións educativas e de diferentes entidades culturais para realizar un seguimento das actividades levadas a cabo e concretar novos compromisos coa lingua galega no Bierzo.
Programa de Promoción de da Lingua Galega no Bierzo e Sanabria
A celebración do Día do galego no Bierzo está dirixida sobre todo á comunidade educativa dos 19 centros (18 en León e 1 en Zamora) adscritos ao Programa de Promoción da Lingua Galega neste territorio galegofalante do exterior, xurdido da colaboración entre a Xunta e a Junta de Castilla y León, iniciada no ano 2001. Deles, 14 son colexios e catro son institutos, ademais da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada.
Grazas a isto, o alumnado ten a oportunidade de afianzar os seus estudos do galego alén das aulas con actividades complementarias que inclúen visitas de estudos a Galicia apoiadas pola Consellería de Cultura e Educación, como a xa programada para este curso, que posibilitará que máis de 150 estudantes coñezan moitos dos enclaves de interese patrimonial e lingüístico galegos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?