Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A falta de interese pola información veraz centrou unha xornada do CCG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A falta de interese pola información veraz centrou unha xornada do CCG

S. P.
Publicado: 10/03/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20230309-xosemnunezseixasrosarioalvarezxoselopez_esc.jpgO Consello da Cultura Galego (CCG), no marco do seu foro Pensar o mundo dende Galicia, organizou o pasado xoves 9 de marzo na súa sede de Raxoi (Santiago) unha xornada sobre o proceso de desinformación que inza na actualidade as canles de comunicación, tanto as tradicionais como sobre todo as abeiradas ás ferramentas tecnolóxicas. O obxectivo da xornada A información no mundo da posverdade foi “analizar o sistema comunicativo actual, o papel da información e os perigos das novas falsas”.
Remedios Zafra (Zuheros, Córdoba, 1973) e Emili Prado (Cospeito, 1953) son as figuras que encabezaron a primeira sesión, que puxo sobre a mesa a loita profesional e académica contra a desinformación.
Pola súa banda a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, salientou na inauguración que este foro constitúe “un acto de demostración da nosa confianza nas posibilidades que temos como colectivo”. Neste senso, o vicepresidente do CCG e coordinador do foro, Xosé Manoel Núñez Seixas, engadiu que se buscou responder á inquedanza de “pensar o mundo dende Galicia e concibir Galicia como unha célula de universalidade”.
Segundo o catedrático de Xornalismo Xosé López García, se ben a desinformación existiu sempre, “estamos nun momento complexo polas ferramentas tecnolóxicas, pero tamén porque hai unha maior concienciación”. Ademais, reclamou a necesidade de asumir a responsabilidade de loitar contra a desinformación dende tres ámbitos: “o legal, o tecnolóxico e o educativo”.
Na primeira sesión, formulouse un dobre obxectivo, tal e como subliñou Xosé López: “reflexionar sobre a información no escenario actual” e “contribuír ao debate dende Galicia, que quede claro quen traballa sobre isto e loita contra a desinformación, con formación, con ferramentas e tamén no debate social”.
O ecosistema comunicativo actual e a desinformación é o título co que Emili Prado, catedrático de Comunicación Audiovisual na Universitat Autònoma de Barcelona, abriu a xornada, quen subliñou que é necesario “entender a desinformación como a consecuencia dun proceso de intoxicación producido polo consumo de información adulterada (novas falsas, información maliciosa ou información incorrecta)”.
Remedios Zafra Alcaraz, científica titular no Instituto de Filosofía do CSIC, abordou “a erosión de esferas características de Internet e o seu uso capitalista favorecen contextos para a posverdade”, e os riscos democráticos derivados diso. “A posverdade transita polo territorio esvaradío das mentiras que aparentan ser verdade valéndose das emocións e da instrumentalización dos medios (caducidade, exceso e celeridade)”, subliñou. A velocidade que impera “nunha sociedade de mercado que recompensa a rapidez con likes e avaliacións positivas” favorece que á información “se acceda máis como imaxe que como texto”. Zafra, a xeito de conclusión, sinalou algúns dos mecanismos posibles para loitar contra esta situación: a necesidade de garantir “espazos de información non precaria, fiable, contrastada, mantida por traballadores non precarios”; de fomentar “contextos para a dialéctica argumentada, o acceso a opinións distintas, ao disentimento e á comprensión, fronte ao debate rápido con titulares efectistas”, e un “espazo público e tecnolóxico non mercantilizado”. Así mesmo, reivindicou o “dereito á desconexión, á intimidade e á vida pública”, para o que é preciso a regulación das redes, e a necesidade de crear “conciencia social e informativa desde unha renovada educación que non subestime o valor da ética, das humanidades, o pensamento lento”.
Na sesión da tarde, desenvolveuse a mesa de debate A loita en contra da desinformación. Achegas de proxectos en execución. Nela, expuxéronse os resultados das principais investigacións que se realizaron nos últimos anos arredor do fenómeno da desinformación e propuxéronse diferentes accións para combatela. A mesa estivo moderada por Xosé López e contou coa participación de Clara González Tosat, da Universidad de Navarra; María Isabel Míguez González e Xosé Rúas Araújo, da Universidade de Vigo, e Carlos Elías Pérez, da Universidad Carlos III de Madrid.
A sesión, que se retransmitiu en directo, foi gravada e está a disposición da cidadanía na nosa hemeroteca para futuras consultas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?