Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arrincan as obras para levar fibra óptica a 1.500 familias de Carballedo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arrincan as obras para levar fibra óptica a 1.500 familias de Carballedo

S. P.
Publicado: 10/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

adamo_carballedo_lugo.jpgA operadora Adamo informou do comezo dos traballos para levar fibra óptica avanza a 1.500 familias e empresas de Carballedo, en Lugo, un concello con 226 entidades de poboación distribuídas en dúas ducias de parroquias. A despregadura de Internet de alta velocidade será un reto para a operadora, que destaca o feito de que estamos a falar dun concello “cunha extrema dispersión entre os fogares, onde cada traballo logra conexión para apenas 10 veciños”. En concreto, explican fontes da empresa, serán necesarias 151 actuacións por parte do operador Adamo para que 1.500 familias do concello poidan contar coa dita tecnoloxía.
A colaboración público-privada, clave
“Esas cifras”, engade Adamo, “dan unha idea da enorme dificultade técnica, do inxente esforzo económico e humano que require proporcionar fibra óptica en Carballedo ou outro municipio similar da Galicia rural”. Malia estes desafíos, “as obras para levar fibra óptica a 1.500 familias de Carballedo xa están en marcha”, sinala Adamo, lembrando que este novo fito histórico en materia de cobertura será posible grazas á colaboración público-privada entre Adamo e o Goberno central con fondos comunitarios é a fórmula que permitirá que os seus veciños poidan contratar ata 1.000 Mb, velocidade que fornece a compañía.
Reunión coa subdelegada do Gobierno
Así llo trasladou este xoves 9 de marzo David Llano, responsable de Adamo en Galicia, á subdelegada do Gobierno en Lugo, Isabel Rodríguez, así como ao alcalde do municipio, Julio Yebra-Pimentel, a quen explicou os detalles sobre o novo equipamento. “Aínda que somos unha empresa especializada no ámbito rural, resúltanos particularmente satisfactorio chegar a Carballedo. En sitios é así é onde comprobamos o valor que ten dar resposta ás necesidades de conectividade do veciños -teletraballo, consultas médicas online, compras por Internet, formación en remoto, etc.- e de como a fibra óptica pode axudar fronte ao despoboamento”, explicou David Llano.
Adamo, en 70.000 fogares da provincia
Cabe lembrar que Carballedo forma parte de todo un plan de despregamento por parte da operadora Adamo, que acumula máis de 70.000 vivendas cableadas en 35 concellos lucenses desde mediados de 2018. Para sufragar os traballos, Adamo investiu 20 millóns de euros e contratou a 300 traballadores locais en enxeñería, despregadura, mantemento e comercialización.
Máis de 100.000 en dous anos
Este proceso de espallamento proseguirá en datas vindeiras, xa que a compañía resultou adxudicataria da última convocatoria de axudas estatais e comunitarias para a instalación desta infraestrutura no territorio. En virtude do orzamento público-privado resultante do Programa Único, de 17,5 millóns, Adamo levará Internet ultrarrápido a 33.000 fogares rurais de Lugo entre 2023 e 2024 para sumar máis de 100.000 inmobles conectados á súa rede de alta velocidade no conxunto da provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?